Notación musical: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
arranxos
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 33 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q233861
Liña 1:
[[Ficheiro:Chopin trio partiture.jpg|miniatura|320px|Partitura de [[Chopin|Frederic Chopin]]]]A '''notación musical''' é un sistema de [[signo]]s para escribir [[música]]. Ó longo do tempo e das diferentes culturas desenvolvéronse diferentes sistemas de notación musical. O sistema de máis uso actualmente xurdiu dun proceso que se desenvolveu na cultura occidental. O uso sistemático da notación musical posibilita a conservación dun amplo repertorio musical ao tempo que evita que o músico teña que aprender as pezas de memoria, liberándoo da parte máis mecánica da súa tarefa, co que se pode concentrar na creación de estruturas máis complexas.
{{Música en progreso}}
[[Ficheiro:Music-fortissimo.png|150px|dereita|miniatura|Abreviatura de ''fortíssimo''.]]
 
O elemento básico de calquera sistema de notación musical é a [[Nota (música)|nota]], que representa un único son e as súas características básicas: [[duración (música)|duración]] e [[altura (música)|altura]]. Os sistemas de notación tamén permiten representar moitas outras características, tales como variacións de [[Intensidade do son|intensidade]], [[expresión]] ou técnicas de execución instrumental.
'''Fortissimo''' é unha indicación musical que di que a música ten que ir moito máis forte. Vén do [[Lingua italiana|italiano]].
 
== Notación patrón ==
[[Categoría:Música]]
Emprégase unha pauta de cinco liñas, chamada pentagrama. O conxunto da pauta e os demais símbolos musicais, representando unha peza musical, denomínase [[partitura]].
 
=== Representación das duracións ===
[[ca:Fortissimo]]
'''[[Tempo (música)|Tempo]]''' e '''[[Compás (música)|compás]]''' - regulan cantas unidades de tempo deben existir en cada compás. Os compases están delimitados na partitura por liñas verticais e determinan a estrutura [[ritmo|rítmica]] da música. O compás escollido está directamente asociado ao [[xénero musical]]. Un [[vals]] por exemplo ten o ritmo 3/4 e o [[rock and roll|rock]] tipicamente usa o compás 4/4.
[[es:Fortissimo]]
 
Nunha fracción de compás, o denominador indica en cantas partes se ten que dividir unha [[semibreve]] para obter unha unidade de tempo (na notación actual a redonda é a maior duración posible e por iso todas as duracións están tomadas en referencia a ela). O numerador define cantas unidades de tempo ten o compás. No exemplo de abaixo aparece un tempo de "catro por catro", é dicir, a unidade de tempo ten unha duración de 1/4 de semibreve e o compás ten 4 unidades de tempo. Neste caso, unha redonda ocuparía todo o compás.
 
 
'''Figuras musicais ou rítmicas''' - valores simbólicos que representan o tempo de duración das notas musicais. Son tamén chamados valores positivos.
Os símbolos das figuras úsanse para representar a [[duración]] a ser executada. As notas móstranse na figura de abaixo, por orde decrecente de duración. Son: [[redonda]], [[Branca (música)|branca]], [[negra]], [[corchea]], [[semicorchea]], [[fusa]] e [[semifusa]].
 
Antigamente existía tamén a [[cadrada|breve]], como o dobre da duración da semibreve, a longa, como o dobre da duración da breve e a máxima, como o dobre da duración da longa, mais esas notas xa non se adoitan usar na notación actual. Cada nota ten a metade de duración que a anterior. Se pretendéramos representar unha nota dun tempo e medio (por exemplo, o tempo dunha negra sumado co dunha corchea) faise uso dun punto, chamado puntiño, seguido da nota.
 
A duración real (medida en [[Segundo|segundos]]) dunha nota depende da fórmula do compás e do [[andamento]] utilizado. Iso significa que a mesma nota pode ser executada con duración diferente en pezas diferentes ou incluso dentro da mesma música, como nunha mudanza de andamento.
:<center> Redonda Branca Negra Corchea Semicorchea Fusa Semifusa</center>
[[Ficheiro:Music notes.png|centro|Notas musicais]]
'''Pausas''' - representan o [[silencio]], isto é, o tempo no que non se produce ningún son, sendo chamados valores negativos. As pausas subdivídense ao igual que as notas en niveis de duración. Cada pausa dura o mesmo tempo relativo que a súa nota correspondente, ou sexa, a pausa máis longa corresponde exactamente á duración dunha redonda. A correspondencia faise na seguinte orde:
 
[[Ficheiro:Music rests.png|centro|Pausas]]
 
=== Representación das alturas ===
'''[[Clave (notación musical)|Clave]]''' - clave de sol, clave de fa, clave de dó. Traspoñen toda a representación musical a unha que se adecúe mellor ao instrumento que se vai reproducir. Por exemplo, as [[altura (música)|voces graves]] usan xeralmente a clave de fa, en tanto que as máis [[altura (música)|agudas]] usan a clave de sol. Adóitase dicir que a clave de fa comeza onde remata a de sol. A clave é, pois, quen define que nota ocupará cada liña ou espazo no pentagrama.
[[Ficheiro:Music clefs.png|centro|Varias claves]]
 
'''Alturas''' - a altura de cada nota represéntase coa súa posición na pauta en referencia á nota definida na clave utilizada, como se amosa abaixo:
 
[[Ficheiro:Claves-es.png|centro]]
 
'''[[Alteración (música)|Alteracións]]''', '''dislocacións''' ou '''accidentes''' de ton: o [[sostido]], o [[bemol]], o [[dobre sostido]] e o [[dobre bemol]]. Represéntanse sempre antes do símbolo da nota modificando a súa altura e despois do nome das notas, cifras e tonalidades. Un sostido disloca a nota medio ton arriba (na escala), un dobre sostido disloca o son un ton cara a arriba, un bemol disloca a nota medio ton abaixo e o dobre bemol disloca o son un ton para abaixo. Por exemplo, pódese dicir que un "fa sostido" (fa#) é a mesma nota que un "''[[sol (nota musical)|sol]] bemol''" (sol♭).
 
[[Ficheiro:Accidentals.PNG|centro|500px]]
 
Unha vez que un sostido ou bemol foi aplicado a unha nota, todas as notas da mesma altura manterán a alteración até a fin do compás. No compás seguinte, todos os accidentes perden o seu efecto, polo que en caso de necesitalos haberá que colocalos outra vez. Se desexamos anular o efecto dun accidente aplicado inmediatamente antes dunha clave de tonalidade, debemos usar un [[becuadro]], que devolve á nota o seu ton [[nota natural|natural]]. No exemplo visto arriba podemos notar que a terceira nota do primeiro compás tamén é sostida, pois o accidente aplicado á nota anterior segue válido e só é anulado polo becuadro que fai que a cuarta nota sexa novamente un La normal. O segundo compás é similar, coa diferenza de que o accidente aplicado é un bemol. No terceiro compás, un sol, un la dobre bemol e un fa dobre sostido. Aínda que teñan nome diferente e ocupen distintas posicións na clave, os accidentes aplicados fan que as tres notas sexan exactamente iguais.
 
'''Clave''' ou '''tonalidade''', que non é máis que a asociación de sostidos ou bemois representados xunto á clave, indicando a [[escala musical|escala]] na que a música será expresada. Os sostidos ou bemois aplicados na clave duran toda a peza ou até que unha nova clave sexa definida ([[modulación (música)|modulación]]). Por exemplo, unha representación sen sostidos ou bemois, será a escala de dó maior. Na figura vemos a clave de tonalidade dunha escala de la maior. Nesta escala todas as notas fa, dó e sol deben ser sostidas, por iso lle aplicamos os accidentes na clave.
 
[[Ficheiro:A major key signature.png|centro]]
 
=== Expresión ===
{{AP|Expresión (música)}}
Certos símbolos e textos indícanlle ao intérprete a forma de executar a partitura, incluíndo as variacións de volume ('''dinámica''') e tempo ('''cinética'''), así como a maneira correcta de articular as notas e separalas en frases ('''[[articulación (música)|articulación]]''' e '''[[acentuación (música)|acentuación]]''').
 
==== Dinámica musical ====
A '''[[Intensidade do son|intensidade]]''' das notas pode variar ao longo dunha música. Iso chámase '''[[Dinámica musical|dinámica]]'''. A intensidade indícase baixo o pentagrama con siglas que veñen de expresións en italiano.
* '''''pp''''' - ''[[pianissimo]]''. Execútase con intensidade moi baixa.
* '''''p''''' - ''[[piano (dinámica)|piano]]''. Execútase con intensidade baixa.
* '''''mp''''' - ''[[mezzo piano]]''. Execútase con intensidade moderada.
* '''''mf''''' - ''[[mezzo forte]]''. Execútase con intensidade moderadamente forte.
* '''''f''''' - ''[[forte]]''. Execútase con intensidade forte.
* '''''ff''''' - ''[[fortissimo]]''. Execútase con intensidade moi forte.
 
Excepcionalmente empréganse outros símbolos derivados dos anteriores:
* '''''ppppppp''''' - ''quasi sine toccare''. A intensidade é tan baixa como lle permita ao músico interpretar o instrumento. En notación coñécese un caso, o Concerto para violonchelo de Ligeti, que comeza con esta dinámica.
* '''''ppppp''''' - ''molto pianississimo''. É moi miúda a intensidade.
* '''''pppp''''' e '''''ppp''''' - ''pianississimo''. O primeiro adóitase chamar ''molto pianissimo''.
* '''''ffff''''' e '''''fff''''' - ''fortississimo''. O segundo adóitase chamar ''molto fortissimo''.
* '''''fffff''''' - ''molto fortississimo''. A intensidade é moi forte, como o seu nome indica.
* '''''fffffff''''' - ''quasi comme un inferno''. Indica interpretar o instrumento ao nivel máis alto posible. En notación particular, só se coñece un caso, que é o da Sinfonía da Sorpresa de Haydn.
 
'''Símbolos de variación de volume ou intensidade''': ''crescendo'' e ''diminuendo'', en forma de sinais de maior (>) e menor (&lt;) para suxerir o aumento ou diminución de volume, respectivamente. Estas deben comezar onde se inicia a alteración e ''estirarse'' até a zona onde a alteración se vai cesar. O volume debe permanecer no novo nivel até que unha nova indicación sexa dada. A variación tamén pode ser brusca, con que só unha nova indicación (''p'', ''ff'', etc.) sexa dada.
 
[[Ficheiro:Tchaik5-2hornsolo.png|centro|miniatura|500px|Solo de [[Trompa (instrumento)|trompa]] da Sinfonía número 5 de [[Pyotr Ilyich Tchaikovsky|Tchaikovsky.]].<br />Esta partitura presenta varias marcas de dinámica.
]]
==== Cinética musical ====
Os andamentos, que indican a velocidade de execución, son os seguintes:
* ''Grave'' - É o andamento máis lento de todos
* ''Largo'' - Moi lento, pero non tanto como o Grave
* ''Larghetto'' - Un pouco menos lento que o Largo
* ''Adagio'' - Moderadamente lento
* ''Andante'' - Moderado, nin rápido nin lento
* ''Andantino'' - Semellante ao andante, pero un pouco máis acelerado
* ''Allegretto'' - Moderadamente rápido
* ''Allegro'' - Andamento lizgairo
* ''Vivace'' - Un pouco máis acelerado que o Allegro
* ''Presto'' - Andamento moi rápido
* ''Prestissimo'' - É o andamento máis rápido de todos
 
Algúns exemplos de combinacións de andamento con expresións:
* ''Allegro moderato'' - Moderadamente rápido.
* ''Presto con fuoco'' - Extremadamente rápido e con expresión intensa.
* ''Andante Cantabile'' - Velocidade moderada e entoando as notas.
* ''Adagio Melancólico'' - Lento e melancólico
 
'''Notacións de variación de tempo''':
* ''rallentando'' - Indica que a execución se debe volver gradualmente máis lenta.
* ''accelerando'' - Indica que a execución se debe volver cada vez máis rápida.
* ''A tempo'' ou ''Tempo primo'' - Volve ao andamento orixinal.
* ''Tempo rubato'' - Indica que o músico pode executar con pequenas variacións de andamento baixo o seu criterio.
 
{{Commons|Musical notation}}
<br style="clear:both;">
{{NotacionMusical}}
 
[[Categoría:Notación musical]]
 
{{Link FA|de}}
{{Link FA|pt}}