Planta acuática: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 7:
 
Unha das plantas acuáticas máis grandes do mundo é a [[Victoria amazonica|Vitoria rexia do Amazonas]] (''Victoria amazonica''); unha das máis miúdas é a [[Lemna|lentella de auga]].
Moitos animaliños acuáticos usan as plantas acuáticas como a [[lentella de auga]] como acubillo ou abeiro dos depredadores. Porén as áreas máis vizosas e con máis vexetación soen ter máis depredadores. Outros exemplos de plantas acuáticas serían as do xénero ‘’[[Nymphoides]]’’, a familia [[Nymphaeaceae]] (os [[nenúfar]]es ou ninfeas), a familia [[Nelumbonaceae]] (onde atopamos o [[Nelumbo nucifera|loto]] (''[[Nelumbo nucifera]]''), e as plantas do xénero ''[[Eichhornia]]'' (os xacintos de auga).
Algunha plantas acuáticas son comestíbeis. Exemplos disto son o arroz salvaxe (xénero ''[[Zizania]]''), a castaña de auga (''[[Trapa natans]]''), a castaña chinesa de auga (''[[Eleocharis dulcis]]''), o loto indio (''[[Nelumbo nucifera]]''), a espinaca de auga (''[[Ipomoea aquatica]]'') ou o agrón (''[[Agrón (planta)|Rorippa nasturtium-aquaticum]]'').
 
Liña 25:
Arraigadas no leito totalmente mergulladas na auga están especies como as [[alga]]s do xénero ''[[Chara]]'': coma ''[[Chara fragilis]]'' e os [[brión]]s do xénero ''[[Fontinalis]]'', coma ''[[Fontinalis antipyretica]]''.
Arraigadas no leito pero coas partes verdes sobre a topa aparecen as espigas de auga, as herbas de prata e as cercodianas, todas con follas alongadas que se moven a favor da corrente. Tamén os pés de boi teñen unha fase somerxida con follas alongadas durante o inverno.
Nas ribeiras son común especies de [[Cyperaceae|ciperácea]]s e [[gramínea]]s asociadas a solos lamacentos, típicas herbas moi difíciles de distinguir se non están en flor. Tamén as [[Junacaceae|xuncáceas]] ( os [[xunco]]s) e os [[buño]]s (''Schoenoplectus lacustris'') son abundantes, nas zonas máis enchoupadas.
Os [[fento]]s e [[briófito]]s son habituais, pois son plantas que sobreviven con escasa luz e grande humidade. Non entanto, o fento máis característico de todas as ribeiras é o [[dentabrún]] ou fento real (''Osmunda regalis'' L.)
Outras plantas vasculares frecuentes son os pés de boi, [[Typha|espadana]]s, [[Lirio (planta)|lirios ou espadanas amarelas]], salgueiriños, as [[menta]]s ou os [[amarelle]]s <ref> http://www.vexetaciondegalicia.es/plantas.php</ref>