Diferenzas entre revisións de «Colonia, Alemaña»

(arranxos e retirada de marcador de ortografía)
Aínda residencia real dos francos [[merovinxios]] (''rexia'' no Pretorio), os [[carolinxios]] a trasladaron a [[Aquisgrán-Aachen|Aquisgrán]]. Porén, no mesmo tempo, Colonia foi elevada a arcebispado (795) consolidando así un novo poder na cidade. Os arcebispos serán Príncipes Electores do [[Sacro Imperio Romano Xermánico|Sacro Imperio]] e nos cinco séculos seguintes as fundacións relixiosas baixo a éxida episcopal van conformar un organismo urbano único, urdido cunha coroa de ata trece grandes igrexas e conventos, pequenas cidades de seu dentro da cidade <ref> ''Páxina exhaustiva sobre as grandes igrexas románicas de Colonia'' [http://www.romanische-kirchen-koeln.de/kirchen.html]</ref><ref>''As cidades episcopais, "Urbanismo occidental" páx 24 e sig., W.Braunfels.''</ref>.
Bispado xa dende [[313]] o primeiro bispo coñecido, Materno, erixira unha primitiva igrexa coma modesta catedral no límite nordeste da Colonia Agripina, xunto á muralla (seica no lugar dun templo romano, hoxe baixo o coro do ''Domo'' actual). Tamén de orixe na época romana son as igrexas de San Severino, San Xereón e Sta. Úrsula (primitivos ''martyria'' en cemiterios fóra de murallas). A temperá cristianización dos merovinxios (o rei [[Clodoveo I]] en 496) favoreceu o enriquecemento de aquelas (baptisterio na catedral e outros anexos) e a creación de novas institucións relixiosas coma San Kuniberto (tamén fora de murallas ao norte), Santa María no Capitolio (sobre os cimentos do antigo templo romano) e San Xurxo (a carón da porta sur da muralla).
[[Ficheiro:Köln st pantaleon.jpg|miniatura|105px|esquerda|S.Pantaleón,<br>fachada (''Westwerk'')]]
Despois da elección de Hildebold coma primeiro arcebispo foi erixida unha verdadeira primeira catedral (s. IX, carolinxia) e novos templos foron construídos (Santos Apóstolos ao oeste da muralla, Santo André na porta norte e Santa Cecilia sobre as termas romanas). O saqueo vikingo do [[882]], tralo que as murallas foron reconstruídas, daba conta da debilidade do Sacro Imperio no final do período carolinxio.
Pero na época otoniana o esforzo construtor recuperouse. O arcebispo Bruno (irmán do emperador [[Odón I]]) restaurou a catedral, erixiu a igrexa de San Pantaleón e iniciou a de San Martiño o Grande. Precisamente a área de S. Martiño, a antiga illa do Rin, fora consolidada na época carolinxia coma zona suburbana, fundamentalmente de comerciantes asociada ao porto (a ''Rheinvorstadt''). Cun tecido moito máis denso de rúas paralelas ao río, arredor de 950/60, tamén durante a éxida de Bruno, a muralla amplíase ata a beira do Rin incorporando así as dúas prazas de mercado que contiña, ''Alter Mark'' e ''Heumarkt'' (o mercado vello e o do feo) <ref> ''Planta esquemática das murallas romanas e as novas de 950 arrodeando a Rheinvorstadt coas dúas prazas de mercado (xunto a S. Martiño a vella, embaixo a longa do feo)'' [http://www.bilderbuch-koeln.de/img/89/e8/20289.978x1304xin.jpeg]</ref>. Na beira oposta, no arrabalde de Deutz (onde Constantino erixira a fortaleza ''Divitia'') outro arcebispo, Heriberto, fundou en 1003 a abadía do seu nome.
 
Os comerciantes e burgueses comezaron a sublevarse contra o poder episcopal en 1074 e coa axuda do emperador [[Henrique IV do Sacro Imperio Romano Xermánico|Henrique IV]], en 1106 acadaron certa autonomía. De resultas e contra o desexo arcebispal, novas murallas foron levantadas en 1108 incluíndo os arrabaldes que tiñan crecido arredor das igrexas extramuros ao norte (Sta. Úrsula e S. Kuniberto), sur (S. Xurxo), e oeste (Santos Apóstolos)<ref> ''Planta de Colonia coas murallas de 1108 e os grandes templos (o recinto exterior é o de 1180)'' [http://www.geopuls.de/typo3temp/pics/53bd877a80.jpg]</ref><ref> ''Idem coa evolución do caserío no século X e XI'' [http://daniel-joedemann.de/wordpress/wp-content/uploads/2009/12/Mittelalter_Koeln.jpg]</ref>. A primeira mención do concello de Colonia data de 1135 (a ''Rathaus'' situouse sobre as fundacións do Pretorio romano, nas costas do mercado vello e S. Martiño, cunha praza de diante no canto do gueto xudeu que foi destruído).
 
==Esplendor medieval==
52.634

edicións