Bispo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 14:
 
*[[Patriarca]]: Os patriarcas son bispos que dirixen algunhas dioceses con moitos anos de existencia ou determinadas [[igrexas autocéfalas]] ou [[igrexas particulares|particulares]]. Logo do [[Primeiro Concilio Ecuménico de Nicea]], a estrutura da igrexa foi modelada seguindo as divisións administrativas do [[Imperio Romano]] nas que un bispo dunha metrópole chegou a ser o líder eclesiástico dunha capotal dunha provincia. Os bispos das dioceses maiores comezaron a ser chamados "exarcas". Nalgúns casos, un bispo pasou a presidir varias dioceses, como por exemplo as de Roma Antioquía ou Alexandría. No [[Cuarto Concilio Ecuménico de Calcedonia]] en [[451]], déuselle a [[Constantinopla]] xurisdición sobre tres dioceses por ser a residencia do emperador. Adicionalmente, Xerusalén foi recoñecida neste concilio como unha das sedes principais. En [[692]] foron ordenadas ditas sedes en orde de preeminencia como Roma, Constantinopla, Alexandría, Antioquía e Xerusalén. Na Igrexa Católica, os patriarcas ás veces son chamados '''Catholicos'''; o Patriarca da Igrexa Ortodoxa de Alexandría é chamado '''Papa'''. Mentres que nas [[Igrexas católicas orientais]] a maioría dos patriarcas manteñen xurisdición sobre algunha igrexa particular, os títulos dos patriarcas da [[Igrexa Latina]], agás o do [[Papa]] (Patriarca de Occidente), son tan só honorarios. En [[2006]] o [[Papa Bieito XVI]] deixou de empregar o título de [[Patriarca de Occidente]]. O primeiro rexistro deste título é polo [[Teodoro I, papa|papa Teodoro I]] en [[620]]; porén, en documentos máis antigos da igrexa (como nos do [[Primeiro Concilio de Nicea]]) xa aparece o Papa de Roma listado xunto aos ouros patriarcas (referidos colectivamente como "[[Pentarquía]]"). Posteriormente, as cabezas de varias igrexas nacionais convertéronse en patriarcas, pero dun nivel inferior aos da Pentarquía.
 
[[File:Mitra5.jpg|thumb|200px|[[mitra (indumentaria)|Mitra]] empregada por bispos orientais, cunha [[icona (arte)|icona]] de [[Cristo]], da [[Theotokos]] (María, Nai de Deus) e [[Xoán o Bautista]].]]
*[[Catholicos]]: Os ''Catholicoi'' son os líderes dalgunhas igrexas [[Igrexa Ortodoxa|ortodoxas]], [[igrexas ortodoxas orientais|orotodxas orientais]] e [[igrexas caólicas orientais]], con funcións similares ás de "Patriarca".
 
[[File:Mitra5.jpg|thumb|200px|[[mitra (indumentaria)|Mitra]] empregada por bispos orientais, cunha [[icona (arte)|icona]] de [[Cristo]], da [[Theotokos]] (María, Nai de Deus) e [[Xoán o Bautista]].]]
*[[Primado (relixión)|Primado]]: Un primado é normalmente o bispo da igrexa máis antiga dun determinado país. Ás veces isto implica certa xurisdición sobre algún outro bispo, pero normalmente é un título honorífico. No caso da [[Igrexa Episcopaliana Escocesa]], o primado é escollido de entre os bispos diocesanos e, sen perder as súas responsabilidades coa diocese, é denominado ''Primus''.
*[[Arcebispo maior]]: Os arcebispos maiores ocúpanse de dirixir algunhas [[igrexas católicas orientais]]. Teñen a mesma autoridade sobre a súa igrexa que un patriarc, pero reciben menos honores ceremoniais.
*[[Bispo metropolitano]]: É un arcebispo a cargo dunha [[provincia eclesiástica]], ou grupo de dioceses, ademais de ter xurisdición sobre a súa propia arquidiocese. Ás veces o metropolitano é tamén o líder dalgunha [[igrexa autocéfala]] cando o seu número de fieis é reducido. Na [[Igrexa Católica de rito latino]], os metropolitanos son sempre arcebispos.
*[[Arcebispo]]: Un arcebispo é o bispo dunha [[arquidiocese]], normalmente unha diocese particularmente importante na historia da igrexa. Na [[Igrexa Católica]] o título é puramente honorífico e non implica xurisdición extra. En moitas provincias da [[Comuñon Anglicana]], porén, un arcebispo ten o poder dun primado.
[[File:Archbishop William Temple.jpg|thumb|[[Arcebispo de Canterbury|Arcebispo]] [[William Temple (arcebispo)|William Temple]].]]
===Bispos na Igrexa Católica===
Un bispo é un membro da xerarquía [[igrexa católica romana|eclesiástica]], un sacerdote que recibiu o [[sacramento (relixión)|sacramento]] da [[Orde sacerdotal]] no seu máximo grao, que é o '''episcopado''', e que dirixe a igrexa dun territorio denominado [[bispado]], á súa vez dividido en [[arciprestado]]s e [[Parroquia eclesiástica|parroquia]]s. Tradicionalmente é o encargado de realizar o sacramento da [[confirmación]].