Bispo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 3:
O termo ''epískopos'' non estaba nos comezos do [[cristianismo]] claramente diferenciado do termo ''[[presbítero|presbýteros]]'' ("ancián", hoxe en día co significado de [[sacerdote]]), pero o termo xa era empregado no seu sentido actual, distinto de sacerdote, nos escritos de [[Ignacio de Antioquía]] (finado arredor de [[108]]), e as fontes de mediados do [[século II]] xa amosan como todos os centros do cristianismo organizábanse arredor da figura do bispo, empregando unha forma de organización que non variou até a [[reforma protestante]].
 
==Igrexas==
===Bispos na Igrexa Católica===
Un bispo é un membro da xerarquía [[igrexa católica romana|eclesiástica]], un sacerdote que recibiu o [[sacramento (relixión)|sacramento]] da [[Orde sacerdotal]] no seu máximo grao, que é o '''episcopado''', e que dirixe a igrexa dun territorio denominado [[bispado]], á súa vez dividido en [[arciprestado]]s e [[Parroquia eclesiástica|parroquia]]s. Tradicionalmente é o encargado de realizar o sacramento da [[confirmación]].
 
===Bispos en Galiza===
Desde o [[século XV]] arredor do 90% dos bispos dos [[bispado]]s galegos son de fóra da Galiza{{Cómpre referencia}} e constitúen un forte elemento [[castelanización|castelanizador]]{{Cómpre referencia}}, tanto no [[clero]] coma nos [[fregueses]] e debido ao seu poder económico tamén nas actividades deste eido.