Pexegueiro (árbore): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 19:
O '''pexegueiro''', ('''''Prunus persica'''''), é unha [[árbore]] [[Caducifolio|decidua]] nativa da China, onde se cultivou por vez primeira. O seu froito é comestíbel e suculento: o [[pexego]]. O nome da especie, 'persica' refírese a que foi amplamente cultivado en [[Persia]], de onde foi introducido en Europa. Pertence ao xénero ''[[Prunus]]'' que inclúea [[cerdeira]], ou a [[ameixeira]], da familia das [[Rosaceae|rosáceas]]. O pexegueiro clasifícase xunto á [[amendoeira]] no subxénero ''Amygdalus'', que se distingue dos outros por ter a carabuña (onde fica nas sementes) brugosa.
 
Pexegos e nectarinas están estreitamente relacionados, malia que comercialmente se vendan coma froitos diferentes. As nectarinas son de feito a mesma especie ca os pexegos, mais estes teñen a tona aveludada. Estudos xenéticos demostran que as nectarinas prodúcense por un alelo [[recesivo]], mentres que os pexegos prodúcense polo alelo [[dominancia (xenética)|dominante]] que dá a tona aveludada.<ref name=osu/>
 
A China é o maior produtor mundial de pexegos e nectarinas.