Herdanza mendeliana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 17:
De todos os xeitos, o "redescubrimento" converteu ao mendelismo nunha teoría importante pero controvertida. O seu promotor máis vigoroso en Europa foi [[William Bateson]], que acuñou os termos "[[xenética]]", "[[xene]]" e "[[alelo]]" para describir moitos dos seus principios. O modelo da herdanza foi moi contestado por outros biólogos porque implicaba que a herdanza era descontinua, en oposición á variación aparentemente continua observable en moitos caracteres. Moitos biólogos tamén desbotaban a teoría porque non estaban seguros de que se puidese aplicar a todas as especies. Porén, os traballos posteriores de biólogos e estatísticos como [[R. A. Fisher]] mostraron que en caso de estaren implicados moitos factores mendelianos na expresión dun só carácter, podía producirse toda a diversidade de resultados observados. Posteriormente [[Thomas Hunt Morgan]] e os seus colaboradores integraron o modelo teórico de Mendel na teoría cromosomica da herdanza, na cal os cromosomas levaban o material xenético, e crearon o que se coñece como [[xenética clásica]], que tivo un extraordinario éxito e deulle a Mendel un lugar destacado na historia da ciencia.
 
Os desdcubrimentos de Mendel permitiron a outros científicos predicir a expresión dos caracteres baseándose en probabilidades matemáticas. Unha gran contribución ao éxito de Mendel foi que baseou as súas conclusións en datos obtidos de experimentos de cruzamento de plantas que non se reproduciran por autofecundación, e só mediu características binarias, como cor, forma e posición das flores, en vez de caracteres cuantitativos. Expresou os seus resultados numericamente e someteunos a unha análise estatística. O seu método de análise de datos e os seus tamaños de mostra grandes déronlle credibilidade os seus datos. Estudou tamén as plantas en sucesivas xeracións (F<sub>1</sub>, F<sub>2</sub>, F<sub>3</sub>) e rexistrou as súas variacións. Finalmente, fixo "cruzamentos de comprobación" (retrocruzamentos dos descendentes das hibridacións coas liñas puras iniciais), que revelaban a presenza e proporción dos caracteres recesivos[[recesivo]]s.
 
== Experimentos de Mendel ==