Herdanza mendeliana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 59:
== Lei da uniformidade dos caracteres ==
[[Ficheiro:Mendel 1 miguelferig.png|miniatura|dereita|Lei da uniformidade dos caracteres.]]
Esta lei utilízase para explicar a [[dominancia (xenética)|dominancia]] e non é propiamente unha lei de transmisión dos caracteres, senón da expresión do fenotipo, polo que non se enuncia nin numera en moitas exposicións das leis de Medel. Di así: Se cruzamos dúas razas puras ([[homocigoto|homocigotas]]) distintas para un determinado carácter, todos os fillos serán fenotipicamente iguais (uniformidade da F<sub>1</sub>) e todos [[heterocigoto]]s. Se no carácter hai dominancia dun dos alelos, o fenotipo de todos os fillos será o fenotipo dominante (tamén hai casos, nalgúns caracteres, de herdanza intermedia, na que todos os fillos sairían de fenotipo intermedio).
 
Por exemplo, no carácter "cor da flor" hai dous aleos, o ''A'' (púrpura e dominante) e o ''a'' (branco e recesivo). Se cruzamos chícharos de flores púrpuras (AA) e brancas (aa), obteremos fillos que serán todos do fenotipo dominante púrpura e todos Aa (heterocigotos).