O golpe de Estado en moitas ocasións termina co establecemento dunha [[ditadura]], aínda que isto non sempre é así. O golpe de Estado por definición prodúcese contra calquera goberno, autoritario ou non, e pode buscar instaurar calquera outro diferente, normalmente tamén autoritario. Con todo, o sentido despetivodespectivo fai que se utilice na maior parte das ocasións a referirse a intentos de instauración de ditaduras.
Este ataque á legalidade e soberanía dun país implica a retención dos organismos depositarios daquelas. Estes órgano poderían ser o [[Goberno]] ou o [[Parlamento]], no caso de países democráticos, ou o [[rei]] ou [[ditador]] noutros sistemas de goberno distintos. Tamén é habitual o control dos [[medio de comunicación|medios de comunicación]], a prohibición de calquera tipo de oposición e a suspensión do [[Estado de dereito]], polo menos temporalmente.