Planta acuática: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Nachonion (conversa | contribucións)
Liña 23:
En Galiza atopamos una gran selección de plantas acuáticas pola gran cantidade de precipitacións do país. Principalmente asociadas aos [[bosque de ribeira|bosques de ribeira]], nas marxes, as que viven flotando na corrente e aquelas que aparecen nas augas asolagadas ou flotando pero arraigadas no leito; nas [[lagoa]]s, [[pantano]]s, [[braña]]s, lameiros e lamazais.
Flotando sobre as augas aparecen as [[Lentella de auga|lentellas de auga]] ou as tapadeiras, sen que as raíces penetren no solo.
Arraigadas no leito totalmente mergulladas na auga están especies como as [[alga]]s do xénero ‘’''[[Chara]]’’'': coma ‘’''[[Chara fragilis]]’’'' e os [[brión]]s do xénero ‘’''[[Fontinalis]]’’'', coma ‘’''[[Fontinalis antipyretica]]’’''.
Arraigadas no leito pero coas partes verdes sobre a topa aparecen as espigas de auga, as herbas de prata e as cercodianas, todas con follas alongadas que se moven a favor da corrente. Tamén os pés de boi teñen unha fase somerxida con follas alongadas durante o inverno.
Nas ribeiras son común especies de [[Cyperaceae|ciperácea]]s e [[gramínea]]s asociadas a solos lamacentos, típicas herbas moi difíciles de distinguir se non están en flor. Tamén as [[Junacaceae|xuncáceas]] ( os [[xunco]]s) e os [[buño]]s (‘’Schoenoplectus''Schoenoplectus lacustris’’lacustris'') son abundantes, nas zonas máis enchoupadas.
Os [[fento]]s e [[briófito]]s son habituais, pois son plantas que sobreviven con escasa luz e grande humidade. Non entanto, o fento máis característico de todas as ribeiras é o [[dentabrún]] ou fento real (‘’Osmunda''Osmunda regalis’’regalis'' L.)
Outras plantas vasculares frecuentes son os pés de boi, [[Typha|espadana]]s, [[Lirio (planta)|lirios ou espadanas amarelas]], salgueiriños, as [[menta]]s ou os [[amarelle]]s <ref> http://www.vexetaciondegalicia.es/plantas.php</ref>