Río Cabriel: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ToloBot (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (-{{Rio +{{Río)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 13:
O '''Cabriel''' (en [[lingua valenciana|valenciano]]: ''Cabriol'') é un río do leste de [[España]], un dos principais afluentes do [[río Xúcar]]. Ten unha lonxitude de 220 km, unha conca de 4.754,2 km² e un caudal anual medio de 220,82 hm³.
 
Nace ao pé da [[Muela de San Juan]] ([[Sistema Ibérico]]) no municipio de [[Albarracín]], na [[provincia de Teruel]]. Segue polos municipios de [[Salvacañete]], [[Alcalá de la Vega]], [[Boniches]], [[Campillos-Paravientos]], [[Pajaroncillo]], [[Villar del Humo]], [[Cardenete]], [[Enguídanos]] e [[Mira, Cuenca|Mira]]. A partir de aquí a canle do río serve de fronteira natural entre a [[provincia de Cuenca]] e a [[provincia de Valencia]], ata chegar á paraxe dos Cárceres, onde fai de fronteira entre a [[provincia de Albacete]] e Valencia, entrando en Valencia por Casas del Río ([[Requena]]), e únese ao [[Xúcar]] na localidade de [[Cofrentes]].
 
Os seus principais afluentes pola dereita son o [[río Laguna]] e o [[Guadazaón]]. Pola esquerda o [[río Vencherque]], o río San Martín e o [[río de Mira]].