Teatro independente en Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Corrección de redireccións (Estados Unidos de América - United States of America)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
Ao falar de '''teatro independente''' dende unha óptica estatal, cómpre dicir que a partir das décadas de [[1960]] e [[1970]], aparecen novas formas de expresión [[Drama|dramática]], incorporando en moitos casos técnicas como a mímica ou elementos propios dos espectáculos circenses. Grupos como [[La Cuadra]] (no ámbito castelanfalante), [[Tricicle]], [[Els Joglars]] (no catalán, aínda que tamén representan en [[Lingua castelá|español]]) ou [[Grupo Teatro Circo]] (no ámbito galego) pertencen a esta época. Movementos como o Teatro Independente arxentino dos anos de 1950 e 1960, ou como o estadounidense ''underground'', influirán o '''Teatro Independente''' peninsular. Funcionou, en definitiva, como un instrumento de loita contra o poder estabelecido, o cal estaba representado no Estado polo goberno ditatorial do xeneral [[Francisco Franco]]. Pretendíase devolverlle o teatro ao pobo, o cal debía ser partícipe e receptor das súas actividades. A xente de teatro, en moitos casos, estaba na obriga de desempeñar varios traballos á vez, polo que non era infrecuente que unha mesma persoa exercese ao mesmo tempo de escritor, actor, director, iluminador, escenógrafo,...
 
==O caso galego==