Diferenzas entre revisións de «Loita de guerrillas»

 
== Resumo histórico ==
En xeral, a loita de guerrillas é de resistencia a un invasor e está aureolada por motivos patrióticos, revolucionarios ou relixiosos. Os galeses opuxéronse á [[invasión]] dos normandos mediante guerrillas de arqueiros certeiros no [[século XII]]. A lenda de [[Robin Hood]] baséase probablemente na resistencia dos campesiños armados ao reinado de [[Xoán sen Terra]]. Durante todo o século XIX, os movementos nacionalistas, como o de [[Garibaldi]], a resistencia post-unitaria de bandidos como [[Carmine Crocco]] en Italia ou a loita da independencia dos gregos durante a dominación turca, baseáronse en loitas de grupos civís armados. A loita independentista en [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] foi acompañada por guerrillas que sorprendían ás tropas inglesas en emboscadas. Tanto os exércitos [[patriotas]] como [[realistas]] recorreron á táctica de loita de guerrillas durante a [[Loita de Independencia Hispanoamericana]]. Os principais focos das guerrillas independentistas foron [[Nueva España]], [[Venezuela]], [[Colombia]], [[Alto Perú]], [[noroeste arxentino]] e o [[A Fronteira|centrosur chileno]], a mediados do século XIX, a loita de guerrillas tamén foi usada polas tropas mexicanas republicanas ao mando do presidente [[Benito Juárez]] durante a [[Segunda Intervención Francesa en México]] (1861-1867),que loitaron contra os invasores franceses apoiados polo grupo conservador, os que lograron derrotar e expulsar do territorio mexicano. Durante a [[Loita dos bóers]], na actual [[Sudáfrica]], os colonos holandeses utilizaron esa táctica. Tamén os irlandeses crearon un exército de irregulares para oporse aos británicos: o [[IRA]], siglas en inglés de Exército Republicano Irlandés. Lograda a independencia, a guerrilla seguiu realizando ataques terroristas na zona que quedou baixo control británico, o [[Ulster]]. Nas primeiras décadas do século XX, o [[Partido Liberal Mexicano]], [[Francisco Villa]] e [[Emiliano Zapata]] formaron exércitos de campesiños en [[México]] e iniciaron unha [[Revolución mexicana|revolución]] con métodos de guerrilla, finalmente frustrada. Pola mesma época, os [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] sufriron o que probablemente é a súa primeira gran derrota militar cando se enfrontaron á loita de guerrillas liderada polo patriota [[Nicaragua|nicaraguano]] [[Augusto César Sandino]] contra a ocupación militar. Aínda que o primeiro país onde se concibiu a loita de guerrillas como táctica militar foi España, onde xa se usaba no ano 400 antes de Cristo.
 
O británico [[Lawrence de Arabia]] utilizou a loita de guerrillas, cos árabes e contra os turcos, con devastadores efectos.
Usuario anónimo