Flora intestinal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 134:
Sinalouse que aínda que a [[colite ulcerativa]] e a [[enfermidade de Crohn]] (dous tipos de IBD) probablemente teñen compoñentes [[xenética|xenéticos]], non se herdan dun modo [[herdanza mendeliana|mendeliano]] e débense probablemente a un complexo conxunto de factores en vez de só a un único [[xene]].<ref name=Hugot/> Aínda que nin a colonización bacteriana nin a [[xenética]] son suficientes para causar a enfermidade, as bacterias probablemente xogan un papel nestes trastornos.<ref name=Hugot/>
 
Crese que probablemente a inflamación nas enfermidades inflamatorias intestinais débese a un incremento da permeabilidade do revestimento interno do colon, o que pode permitir ás bacterias invadir os tecidos e causar unha reacción inmune que orixine unha prolongada inflamación.<ref name=Steinhoff/><ref name=Suenaert/> Os danos nos tecidos producidos nas enfermidades inflamatorias intestinais orixínanse por unha incorrecta percepción inmunolóxica do perigo da flora natural presente ou debido a un fallo da [[inmunotolerancia|tolerancia]] normal a bacterias patóxenas. Aínda non está claro se a inflamación que ocorre se debe a un conxunto específico de microbios intestinais ou debido a un problema coa tolerancia da flora intestinal comensal.<ref name=OHara06/> En pacientes de enfermidades inflamatorias intestinais atopáronse [[unión hermética|unións herméticas]] anormais nas células, que no seu estado normal deberían impedir a permeabilidade, pero que non o fan no estado alterado.<ref name=Suenaert/> Debido ao papel potencialmente nocivo destas bacterias, prescríbense con frecuencia [[antibiótico]]s para tratar a enfermidade de Crohn.<ref name=Keeley/> Porén, a inflamación podería ser a que aparece primeiro e despois causaría o incremento da permeabilidade intestinal observado en doenzas como a de Crohn, polo que o papel das bacterias como axentes causantes non está claro.<ref name=Suenaert/> As terapias convencionais para as enfermidades inflamatorias intestinais teñen como obxectivo principal as respostas inflamatorias das mucosas contra as que se usan farmacobióticosfarmabióticos.<ref name=OHara06/>
 
===Colite===