Flora intestinal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 79:
A outra clase de receptores de recoñecemento de patrón denomínanse isoformas de dominio de oligomerización de unión a nucleótidos/dominio de recrutamento de caspases (NOD/CARD), que son proteínas citoplasmáticas que recoñecen moléculas microbianas e endóxenas ou respostas ao estrés e forman oligómeros que activan as [[caspase]]s inflamatorias. Isto resulta na clivaxe e activación de importantes [[citocina]]s inflamatorias e/ou activar a vía de [[sinalización celular|sinalización]] [[NF-κB]] para inducir a produción de moléculas inflamatorias.<ref name=OHara06/>
 
As bacterais poden influír no fenómeno chamado [[tolerancia oral]], no cal o sistema inmunitario se fai menos sensible a un [[antíxeno]] (incluídos os producidos polas bacterias intestinais) unha vez que foronfoi inxeridasinxerido. Esta tolerancia, mediada en parte polo sistema inmunitario gastrointestinal e en parte polo fígado, pode reducir unha resposta inmune sobrerreactiva como a que se dá nas [[alerxia]]s e [[enfermidade autoinmune|enfermidades autoinmunes]].<ref name=Jewell>{{cite journal |author=Jewell AP |title=Is the liver an important site for the development of immune tolerance to tumours? |journal=Med. Hypotheses |volume=64 |issue=4 |pages=751–4 |year=2005 |pmid=15694692 |doi=10.1016/j.mehy.2004.10.002 |url=http://linkinghub.elsevier.com/retrieve/pii/S0306-9877(04)00561-4}}</ref>
 
Algunhas especies da flora intestinal, como algunhas do xénero ''[[Bacteroides]]'', poden cambiar os seus receptores de supeficie para imitar os das células hóspedes para evadirse da resposta inmunitaria. As bacterias con efectos neutros e daniños no hóspede poden tamén usar este tipo de estratexias. O [[sistema inmunitario]] do hóspede tamén se adaptou a esta actividade, impedindo un exceso de crecemento das especies nocivas.<ref name="Guarner and Malagelada 2003b"/><ref name=Steinhoff/>