Flora intestinal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 75:
En canto o neno nace, as bacterias empezan a colonizar o seu tracto dixestivo. As primeiras bacterias en establecerse poden afectar á [[resposta inmune]], facéndoa máis favorable para a súa propia supervivencia e menos para a das especies competidoras; así, as primeiras bacterias en colonizaren o intestino son importantes para determinar a composición da flora intestinal ao longo da vida dunha persoa. Porén, no momento do [[destete]] hai un cambio desde unha flora con especies predominantemente [[anaerobio facultativo|anaeróbicas facultativas]], como os [[estreptococo]]s e ''[[Escherichia coli]]'', a especies maioritariamente [[anaerobio obrigado|anaeróbicas obrigadas]].<ref name="Guarner and Malagelada 2003b"/><ref name=Sears/>
 
Descubrimentos recentes mostran que as bacterias intestinais xogan un papel ana expresión dos [[receptor de tipo Toll|receptores de tipo Toll]] (TLRs) nos intestinos, moléculas que axudan a que o hóspede repare os danos producidos a lesións. Os TLRs causan que parteselementos do sistema inmnitario reparanreparen a lesión causada, por exemplo, por [[radiación]].<ref name=Sears/><ref name=Keeley/> Os TLRs son unha das dúas clases de [[receptor de recoñecemento de patrón|receptores de recoñecemento de patrón]] (PRR) que lle dan ao intestino a capacidade de discriminar entre as bacterias comensias e patóxenas. Estes receptores de recoñecemento de patrón identifican os patóxenos que cruzaron as barreiras mucosas e desencadean un conxunto de respostas que actúan contra os patóxenos, que implica a tres células inmunosensoras principais: [[enterocito]]s de superficie, [[célula M|células M]] e [[célula dendrítica|células dendríticas]]<ref name=OHara06>{{cite journal |author=O'Hara AM, Shanahan F |title=The gut flora as a forgotten organ |journal=EMBO Rep. |volume=7 |issue= 7|pages=688–93 |year=2006 |month=July |pmid=16819463 |pmc=1500832 |doi=10.1038/sj.embor.7400731 }}</ref>
 
A outra clase de receptores de recoñecemento de patrón denomínanse isoformas de dominio de oligomerización de unión a nucleótidos/dominio de recrutamento de caspases (NOD/CARD), que son proteínas citoplasmáticas que recoñecen moléculas microbianas e endóxenas ou respostas ao estrés e forman oligómeros que activan as [[caspase]]s inflamatorias. Isto resulta na clivaxe e activación de importantes [[citocina]]s inflamatorias e/ou activar a vía de [[sinalización celular|sinalización]] [[NF-κB]] para inducir a produción de moléculas inflamatorias.<ref name=OHara06/>