Flora intestinal: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Liña 71:
===Inmunidade===
A flora intestinal ten un efecto continuo e dinámico no intestino do hóspede e nos sistemas inmunitarios sistémicos. As bacterias son fundamentais para promover o desenvolvemento temperán do sistema inmune da mucosa intestinal tanto en termos de compoñentes físicos coma de función e continúa xogando un papel posteriormente na vida
En canto o neno nace, as bacterias empezan a colonizar o seu tracto dixestivo. As primeiras bacterias en establecerse poden afectar á [[resposta inmune]], facéndoa máis favorable para a súa propia supervivencia e menos para a das especies competidoras; así as primeiras bacterias en colonizar o intestino son importantes para determinar a composición da flora intestinal ao longo da vida dunha persoa. Porén, hai un cambio no momento do [[destete]] desde unha flora con especies predominantemente [[anaerobio facultativo|anaeróbicas facultativas]], como os [[estreptococo]]s e ''[[Escherichia coli]]'', a especies maioritariamente [[anaerobio obrigado|anaeróbicas obrigadas]].<ref name="Guarner and Malagelada 2003b"/><ref name=Sears/>
|