Benito Xerónimo Feijoo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Engado: eu:Benito Jerónimo Feijóo
→‎Obra: lig int
Liña 10:
Feijoo está considerado o primeiro ensaísta da [[literatura castelá]], e un dos pioneiros xunto a [[Gregorio Mayans]] da considerada Primeira Ilustración Española, desde [[1737]] até pouco despois da morte de [[Fernando VI]]. Amais, está considerado precursor das ideas de [[Frei Martín Sarmiento]]. Feijoo defendía a igualdade do home e da muller.
 
Non publicou as súas obras até [[1725]], e fíxoo en forma de coleccións de opúsculos polémicos que chamou ''discursos'' (de ''discorrer'', disertar libremente). Neste xénero intégranse os oito volumes (118 discursos), máis un suplemento adicional do ''[[Teatro crítico universal]]'' (coa acepción de ''teatro'' como «panorama» ou visión xeral de conxunto), publicados entre [[1726]] e [[1739]]. Doutra banda, están os cinco volumes das ''[[Cartas eruditas y curiosas]]'', publicadas entre [[1742]] e [[1760]] e compostas por 166 ensaios máis curtos. Amais, cómpre sumar un tomo extra de ''Adiciones'' publicado en [[1783]] e a súa copiosa correspondencia privada.
 
Nos ''Discursos varios en todo género de materias para desengaño de errores comunes'' trata temas de distintas ciencias e actividades humanas e, polo seu propósito de discorrer acerca das falsas crenzas e as supersticións, entre outros erros difundidos no pobo, chamáronlle "o desenganador das Españas". Polo seu carácter enciclopédico, esta obra insírese na tradición das misceláneas, ao estilo da ''Silva de varia lección'' de Pero Mexía ([[século XVI]]).