Django Unchained: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
AMPC98 (conversa | contribucións)
Liña 4:
 
==Argumento==
En 1858, varios escravos varóns son transportados a través de [[Texas]] polos irmáns Speck ([[James Remar]] e [[James Russo]]). No seu grupo está Django ([[Jamie Foxx]]), quen foi separado da súa esposa Broomhilda ([[Kerry Washington]]). Os irmáns Speck encontran o Dr. King Schultz ([[Christoph Waltz]]), un dentista alemán e, sen sabelo, cazador de recompensas. Schultz libera a Django e mata un dos irmáns Speck, deixando o outro para ser asasinado polos escravos agora libres. Schultz revela que el buscou a Django para axudarlle na identificación dos irmáns Brittle, un trío de asasinos desapiadados que traballan para os propietarios das plantacións. Schultz confesa que a súa caza de recompensas é oportunista, pero fai fincapé en que, como Django, despreza a escravitude. Os dous chegan a un acordo: a cambio de axudarlle a localizar aos irmáns Brittle, Schultz liberará a Django da escravitude, daralle $ 75 e un cabalo. Despois de cazar e matar aos irmáns Brittle, Schultz lévase a Django como socio na caza de recompensas.
 
Despois de conseguir unha serie de informacións, Schultz e Django confirman que o dono actual de Broomhilda é Calvin J. Candie ([[Leonardo DiCaprio]]), dono dunha plantación, encantador pero brutal. Na plantación de Candie, Candyland, algúns dos seus escravos varóns son adestrados para loitar ata a morte (chamada "loita de Mandingos"). Despois de obter un convite a Candyland, Schultz e Django idean un plan para conseguir a Broomhilda facéndose pasar por potenciais compradores dun loitador Mandingo. Á súa chegada, Schultz introduce a Django como un home libre e un experto na loita de Mandingos. Candie e Schultz rapidamente chegan a un acordo para comprar un loitador Mandingo por U$ 12.000. Schultz tamén ofrece comprar a Broomhilda, alegando que, como ela fala alemán, lle axudaría a aliviar a súa nostalxia pola súa lingua materna.