Xeración das Festas Minervais: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 16:
 
* Uxío Novoneyra. Naceu en terras do Courel e marchou a Madrid aos 19 anos, alí colaborou co grupo Brais Pinto. Na súa poesía destacamos dúas vertentes:
:-A paisaxística, nela expresa a soidade da persoa en contacto coa natureza agreste da súa terra natal. Obras representativas: Os eidos, Elexias do Courel e outros poemas.
:-Poesía social, de carácter político e reivindicativo, recollida en obras como: Do Courel a Compostela, Poemas caligráficos. Tamén cultivou a poesía amorosa en Muller pra lonxe.
A poesía de Novoneyra destaca formalmente polo emprego do fonosimbolismo e pola disposición espacial e tipográfica dos versos.
 
* Avilés de Taramacos. Viviu entre Coruña e Colombia. A súa é unha poesía vitalista, chea de imaxes que remiten á unión do poeta coa natureza. Entre as súas obras podemos salientar: O tempo no espello, Cantos caucanos, As torres no ar, Última fuxida a Harar.