Provincia de Trieste: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sernostri (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Sernostri (conversa | contribucións)
Linguas traducido da wikipedia inglesa
Liña 38:
== Historia ==
O territorio corresponde a un hinterland de Trieste, que formou parte do [[Imperio austrohúngaro]] e despois da [[Primeira Guerra Mundial]], foi posta baixo administración italiana. Foi capital do [[Estado libre de Trieste]], creado polo tratado de paz de París de [[1947]], e que abranguía a cidade e unha pequena zona desde Duino até Cittanova (Novigrad), e foi dividido en dúas zonas: a zona A, no Norte, administrada polo [[Reino Unido]], [[Francia]] e os [[EUA]], na cal estaba incluída a cidade de Trieste, e a zona B, no Sur, administrada por [[Iugoslavia]]. O tratado de Londres de [[1954]] puxo fin ao estado de Trieste: a zona A pasou a formar parte de Italia, e a zona B, de Iugoslavia. En [[1975]] Italia e Iugoslavia asinaron preto de [[Osimo]] un [[tratado de Osimo|tratado]] que pechou a cuestión fronteiriza de Trieste.
 
== Linguas ==
 
 
O [lingua italiana|italiano]], lingua oficial do estado italiano, fálase por toda a provincia. Na cidade de Trieste moita xente fala o [[triestino]], un dialecto [[lingua veneciana|veneciano]], en Trieste e en [[Muggia]] falouse o [[tergestino]], un dialecto arcaico do [[lingua friulana|friulano]] pero desapareceu completamente a mediados do século XIX. Estímase que 21% da poboación da provincia fala o [[lingua eslovena|esloveno]] <ref>[http://web.archive.org/web/20060708085028/http://www.uoc.es/euromosaic/web/document/eslove/an/i1/i1.html Slovenian in Italy]</ref> que está recoñecido pola lexislación italiana nos seis concellos da provincia, aínda que non se aplica nos sinais bilingües no centro da cidade de Trieste nin na vila de Muggia<ref>[http://friuliveneziagiulia.agenziaentrate.it/sites/friuliveneziagiulia/files/public/pdf/anno2008/DPR_12_settembre_2007.pdf Decreto del Presidente della Repubblica 12 settembre 2007]</ref>. Nas escolas ensínase o esloveno estándar aínda que na provincia tradicionalmente se falan tres dialectos diferentes, o dialecto [[kras]] nos concellos de [[Duino-Aurisina]] e [[Sgonico]] e nas localidades de [[Barcola]], [[Prosecco]] e [[Contovello]] que pertencen ao concello de Trieste; o dialecto de [[Carniola Interior]] fálase no concello de [[Monrupino]] e nas localidades de [[Opicina]], [[Trebiciano]], [[Padriciano]] e [[Basovizza]] do concello de Trieste, por último o dialecto istriano fálase no concello de [[San Dorligo della Valle]] na zona rural de [[Muggia]] e no sueste do concello de Trieste, especialmente en [[Servola]].
 
 
== Notas ==
<references/>