Destrutor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Básico de en.wiki
 
Beninho (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
[[Imaxe:USS Winston S. Churchill.jpg|miniatura|325px300px|O destrutor estadounidense USS ''Winston S. Churchill'']]
Un '''destrutor''' é un buque de guerra rápido e manobrable deseñado para escoltar a barcos máis grandes nunha frota, convoi ou grupo de batalla e defendelos de atacantes máis pequenos e potentes. Os destrutores, orixinalmente chamados destrutores torpedeiros en [[1982]], desenvolvéronse en resposta á ameaza dos [[buque torpedeiro|torpedeiros]]. O destrutor torpedeiro apareceu como unha clase diferente de buque de gueraguerra cando o HMS ''Havock'' e o HMS ''Hornet'' foron comisionados na [[Royal Navy]] en [[1894]]. No tempo da [[guerra ruso-xaponesa]] en [[1904]], os destrutores torpedeiros eran torpedeiros grandes, rápidos e poderosamente armados deseñados para destruír outros torpedeiros. Aínda que o termo destrutor ten sido usado indistintamente co termo destrutor torpedeiro polas mariñas dende [[1892]], este último xeralmente acurtouse a "destrutor" en case todas as mariñas da [[Primeira Guerra Mundial]].
 
Antes da [[Segunda Guerra Mundial]] os destrutores eran barcos lixeiros con pouca resistencia para operacións oceánicas sinsen asistencia; normalmente un grupo de destrutores e un barco nodriza operaban xuntos. Despois da guerra, a chegada do mísil guiado permitíulle aos destrutores realizar funcións de combate que anteriormente realizaban os [[acoirazado]]s e [[Cruceiro (barco de guerra)|cruceiro]]s. Isto levou a destrutores máis grandes e potentes máis capaces de operacións independentes.
 
A comezos do [[século XXI]], os destrutores son os buques de combate máis pesados de uso xeral, con só tres nacións ([[Estados Unidos]].[[Rusia]] e [Perú]]) operando cruceiros máis pesados e ningunha operando [[acoirazado]]s ou verdadeiros [[Cruceiro de batalla|cruceiros de batalla]]. Os destrutores modernos son equivalentes en tonelaxe pero moi superiores en potencia de fogo aos cruceiros da [[Segunda Guerra Mundial]], capaces de levar mísiles nucleares.