Illas Marquesas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2+) (Bot: Cambio hu:Marquise-szigetek por hu:Marquises-szigetek
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 115:
 
== Cultura ==
As illas Marquesas foron un importante centro da civilización da Polinesia oriental. Debido á orografía das illas, cada val constituía unha unidade tribal co seu propio sistema social dirixido polas xenealoxías dos xefe e dos sacerdotes. O illamento dos vales provocaba interminables guerras tribais marcando o carácter guerreiro dos marquesanos. Practicaban o [[canibalismo]] ritual cos inimigos prisioneiros.
 
As épocas de fame eran frecuentes logo de períodos de seca, pero tamén eran provocadas polas prácticas vengativasvingativas nas guerras onde se destruían os cocos e as árbores do pan nos vales inimigos.
 
Aínda que a práctica de tatuarse é común en toda a Polinesia, nas Marquesas chegou a un alto grao de sofisticación. Os homes tatuábanse totalmente da cabeza aos pés, adquirindo unha cor azulado e feroz.
 
AindaAínda que as Marquesas foron das primeiras illas que descubriron os europeos na Polinesia, durante dous séculos quedaron fóra das rutas de exploración e da influencia cultural occidental. A cultura nativa marquesana quedou devastada logo da chegada dos exploradores europeos. Ademais da actividade dos misioneiros cristiáns, hai que atribuír o colapso cultural aos efectos catastróficos das enfermidades importadas. Pero o seu redescubrimento relativamente tardío impresionou.
 
A partir da experiencia de [[Herman Melville]] como tripulante dun baleeiro, e como desertor nas Marquesas, escribiu a súa primeira novela, ''Typee'', considerada como a primeira do xénero da literatura dos mares do sur.