Diferenzas entre revisións de «A Gándara, Narón, Narón»

engadido negocio
(edición)
(engadido negocio)
A ocupación máis antiga da zona na que hoxe está A Gándara atopouse en Lóngaras nun cuncheiro que foi escavado polo arqueólogo municipal [[André Pena Graña]]. Entre as cunchas de ostras apareceron anacos de cerámica romana datada no século I antes da era actual e século I despois da era actual.
 
A chegada a Ferrol do ferrocarril de Renfe en 1913 supuxo a construción dunha ponte sobre a ría de Xuvia. A nova liña dende O Couto ata a estrada de Castela na ponte das Cabras supuño unha delimitación territorial. Dende entón A Gándara medrou de costas a esta liña. O proxecto de chegada do tren a Ferrol incluía outra liña desdoblada antes da ponte das Cabras polo actual trazado da Estrada da Trincheira, entón trincheira do ferrocarril, e ía ata Bazán. A liña construiuse pero non tivo railes e o trazado aproveitouse para facer o enlace ca autoestrada. Na Gándara durante moitos anos só se podía entrar e sair por cinco pasos a nivel. Dous deles sen barreiras: o do Couto e o do Colmeote. E outros tres que tiveron ata os anos 1980 garda: A Faisca, as vivendas do Bispo e o da rúa Concepción Arenal. Estes pasos fóronse pechando ata a súa total desaparición ca construción do acceso á estrada [[AP-9]]. O proxecto para construír un apeadero non se concretou e o tren nunca tivo estación na Gándara. O outro acceso por estrada estaba na Frontera, chamada así por estar no límite con Ferrol. Ata a construción do polígono da Gándara o [[río Inxerto]] que vai dende a ría de Ferrol pasando por onde está Alcampo facía de barreira natural xunto cas marismas que eran entón a actual parte do polígono da Gándara situado en Ferrol.
 
[[Ficheiro:Centro comercial Odeón.JPG|miniatura|[[Odeón Shopping|Centro comercial Odeón]].]]
A construción da ponte das Pías supuxo o inicio do medre da Gándara como cidade dormitorio acollendo a unha onda de traballadores que se achegaban cas súas familias pola proximidade a Ferrol. A finais dos anos 1980 talouse toda a Gándara. Ata entón, dende a beira do mar ata a liña do ferrocarril era un monte principalmente de piñeiros. Aínda pódese ver unha pequena faixa verde dende O Colmeote ata a estrada da Gándara que lembra como era a Gándara entón. A Gándara eran dous topónimos: A Gándara de Abaixo (a zona máis próxima á estrada da Gándara) e a Gándara de Arriba (a parte próxima á rúa Concepción Arenal), as zonas onde concentrábase a poboación. O medre urbanístico entre as dúas zonas e a indefinición dos límites unificou A Gándara como topónimo nos anos 1990. A principios dos anos 1970 o colexio que había na Gándara era o de Santiago Apóstolo. Colexio de pago e no que os alumnos ían de uniforme. Posteriormente inaugurouse o do Feal, colexio público e gratuíto. Despois inaugurouse o colexio de A Solana e máis tarde o da Gándara.
 
A entrada de España na [[CEE]] trouxo imposta a reconversión naval. Como alternativa industrial construiuse o polígono da Gándara para acoller empresas alternativas ao naval. Unha parte do polígono está en Ferrol. Durante anos o polígono estivo baleiro. A chegada do hipermercado Alcampo iniciou o troco do nome e do uso. Pequenas empresas de servizos e comerciais comezaron a asentarse alí. Pasouse de Polígono Industrial da Gándara a Polígono da Gándara sen máis. Esta nova actividade encheu o polígono de concesionarios de coches, empresas de servizos e ata algunha industria que aproveitou para trasladarse alí como Fenya ou crearse con subvencións como [[Poligal]]. En terreos do polígono construiuse o Pavillón da Gándara e a Piscina municipal. A Gándara pasou de cidade dormitorio a centro de servizos. A apartura de Odeón en 2002 supuxo outro fito no crecemento do barrio.
 
==Poboación==
|}
</center>
==Economía==
[[File:Fenya centro de formación A Gándara Narón 3300ertwGL.jpg|thumb|dereita|Centro de formación, antiga Fenya.]]
As orixes da Gándara, do seu aproveitamento económico, están na agricultura de autoconsumo, no aproveitamento forestal (rematado nos anos 1980 e aínda cas últimas talas no Colmeote) e no aproveitamento da ría en marisqueo a pé e en pequenas enbarcacións e a súa posterior organización ca Lonxa da Gándara. Aínda queda un pequeno uso en leiras e algún aproveitamento para uso ornamental.
O crecemento do barrio ca chegada de inmigrantes para traballar nos estaleiros e a consolidación como zona residencial foi trocando o uso que se lle deu aos terreos. Os pequenos negocios como bares algún dos cales tamén tiña tenda como a Casa Curtis na estrada da Gándara e o uso que se facía do bus número 7 para o transporte de mercadorias deu paso a fornos de pan e a pequenos supermercados de barrio condeados ao peche ca apertura de Alcampo. Ata a apertura do polígono industrial da Gándara eran negocios os que había na zona como obradoiros de costura que traballaban para empresas como [[Caramelo (empresa)|Caramelo]], unha pequena empresa química de lixivia que houbo na rúa María Pita e pequenos obradoiros de mecánica e mantemento que sempre houbo e que coa transformación do polígono da Gándara en comercial trouxo á zona concesionarios de coches de diversas marcas. Os intentos por asentar industrias na zona levaron á creación de empresas como unha queixería que rematou pechando, [[Poligal]] e o traslado da ferrolana Fenya hoxe centro de formación do concello. Este pequeno tecido industrial foi complementado ca apertura do [[Odeón Shopping|centro comercial Odeón]]. Os cinco millóns de clientes que se achegan cada ano a Odeón supuxeron a apertura na zona de novos negocios de hostalería e ocio.
 
==Lugares da Gándara==
Usuario anónimo