Xeración das Festas Minervais: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 19:
- Poesía social, de carácter político e reivindicativo, recollida en obras como: Do Courel a Compostela, Poemas caligráficos. Tamén cultivou a poesía amorosa en Muller pra lonxe.
A poesía de Novoneyra destaca formalmente polo emprego do fonosimbolismo e pola disposición espacial e tipográfica dos versos.
 
AVILÉS DE TARAMANCOS.- Viviu entre Coruña e Colombia. A súa é unha poesía vitalista, chea de imaxes que remiten á unión do poeta coa natureza. Entre as súas obras podemos salientar: O tempo no espello, Cantos caucanos, As torres no ar, Última fuxida a Harar.
 
MANUEL MARÍA.- A súa poesía vai dende unha etapa na que predomina un ton intimista e desacougado con obras como Advento, Terra Cha ata unha poesía de carácter reivindicativo e social como a que aparece en Documentos personaes.
 
BERNARDINO GRAÑA.- Escribiu teatro e narrativa, a maior parte encadrada dentro da literatura infantil, foi na poesía onde desenvolveu a súa obra principal. Entre as súas obras máis representativas podemos salientar: Profecía do mar, Non vexo Vigo nin Cangas entre outras.
 
XOHANA TORRES.- É a principal voz feminina dentro da xeración; entre as súas obras poéticas podemos sinalar: Do sulco, Estacións ao mar e Tempo de ría. Cómpre salientar a súa novela Adiós María.
 
Outras voces.- X.L. Méndez Ferrín coa súa obra Con pólvora e magnolias, Salvador García Bodaño, con Ao pé de cada hora; Arcadio López Casanova, con Mesteres; Xosé Luís Franco Grande, Entre o si e o non.