Xeración das Festas Minervais: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: " {{Enuso}} ==Características== * Non viviron directamente a Guerra Civil. * Son universitarios e participaron nas Festas Minervais –concurso literario organizado pola USC que..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 12 de marzo de 2013 ás 23:19

Características

  • Non viviron directamente a Guerra Civil.
  • Son universitarios e participaron nas Festas Minervais –concurso literario organizado pola USC que premiaba obras poéticas e narrativas en galego-.
  • Senten grande interese pola cultura europea da época e toman conciencia crítica coa realidade española da época.
  • Boa parte deles durante a súa estancia en Madrid fundaron o grupo Brais Pinto e crearon unha colección literaria co mesmo nome

Evolución poética

A xeración dos 50 protagonizou unha fonda renovación temática e formal, se ben cada un dos seus membros seguiu unha traxectoria poética propia.

Podemos establecer dúas épocas que marcan dúas tendencias ben diferenciadas. Por un lado, a poesía dos 50 na que se aprecia unha profunda influencia das idea existencialistas e do absurdo. Trátase por tanto dunha poesía de desarraigo e angustia, que recibe o nome de “Escola da Tebra”. Por outra banda, na década dos 60 pola contra esta poesía evolucionou cara a unha poesía social e denunciadora da falta de liberdade. É patente aquí a influencia da Longa noite de pedra de Celso Emilio Ferreiro, publicada en 1962.

Representantes

UXÍO NOVONEYRA. Naceu en terras do Courel e marchou a Madrid aos 19 anos, alí colaborou co grupo Brais Pinto. Na súa poesía destacamos dúas vertentes: - A paisaxística, nela expresa a soidade da persoa en contacto coa natureza agreste da súa terra natal. Obras representativas: Os eidos, Elexias do Courel e outros poemas. - Poesía social, de carácter político e reivindicativo, recollida en obras como: Do Courel a Compostela, Poemas caligráficos. Tamén cultivou a poesía amorosa en Muller pra lonxe. A poesía de Novoneyra destaca formalmente polo emprego do fonosimbolismo e pola disposición espacial e tipográfica dos versos.

AVILÉS DE TARAMANCOS.- Viviu entre Coruña e Colombia. A súa é unha poesía vitalista, chea de imaxes que remiten á unión do poeta coa natureza. Entre as súas obras podemos salientar: O tempo no espello, Cantos caucanos, As torres no ar, Última fuxida a Harar.

MANUEL MARÍA.- A súa poesía vai dende unha etapa na que predomina un ton intimista e desacougado con obras como Advento, Terra Cha ata unha poesía de carácter reivindicativo e social como a que aparece en Documentos personaes. BERNARDINO GRAÑA.- Escribiu teatro e narrativa, a maior parte encadrada dentro da literatura infantil, foi na poesía onde desenvolveu a súa obra principal. Entre as súas obras máis representativas podemos salientar: Profecía do mar, Non vexo Vigo nin Cangas entre outras. XOHANA TORRES.- É a principal voz feminina dentro da xeración; entre as súas obras poéticas podemos sinalar: Do sulco, Estacións ao mar e Tempo de ría. Cómpre salientar a súa novela Adiós María. Outras voces.- X.L. Méndez Ferrín coa súa obra Con pólvora e magnolias, Salvador García Bodaño, con Ao pé de cada hora; Arcadio López Casanova, con Mesteres; Xosé Luís Franco Grande, Entre o si e o non.