O divino sainete: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Manuel Curros Enriquez]], 1888. É un longo poema de carácter satírico-burlesco (“ladrade''"ladrade,mordede,ride"''.Indicará Curros referíndose a función dos versos da súa obra). Composto por 512 unidades de versos octosílabos con rima consonante, que parodia unha das obras cume da literatura occidental, a [[Divina Comedia]] de [[Dante]]
Curros pretendía con esta obra súa tres obxectivos básicos:
# Elemento da lista numerada
1) Facer unha crítica as institucións de goberno e os sectores reaccionarios da sociedade, en xeral, e á Igrexa Católica, en particular.
2) Expresar unha defensa do [[Rexurdimento]] e das súas principais figuras e reivindicar o dereito á existencia dunha literatura galega completamente autónoma, posta o servizo do país.
# Elemento da lista numerada
3) Satirizar determinados inimigos persoais, ideolóxicos e literarios.
2) Expresar unha defensa do [[Rexurdimento]] e das súas principais figuras e reivindicar o dereito á existencia dunha literatura galega completamente autónoma, posta o servizo do país.
# Elemento da lista numerada
3) Satirizar determinados inimigos persoais, ideolóxicos e literarios.
O Divino Sainete componse dunha “introdución” e oito “cantos”. Adopta como motivo argumental unha suposta peregrinación de Curros a Roma con motivo do xubileo do papa León XIII (1877), acompañado polo poeta [[Francisco Añón]] que exerce o papel de guía, ao igual que Virxilio guiaba a Dante na Divina Comedia. Añón vai conducindo a Curros a través dos distintos vagóns do tren en que viaxan. Cada vagón leva o nome correspondente a cada un dos 7 pecados capitais: a preguiza, a envexa, a gula, a ira, a luxuria, a avaricia e, finalmente, a soberbia.
Nos diversos vagóns viaxan o xuíz Mella e o bispo Cesáreo Rodrigo (que actuaron contra Curros cando a publicación de Aires da miña terra); frades obscenos e lambóns, que devoran ó xeito caníbal ós nosos escritores, incluído o propio Curros; beatas luxuriosas que non ocultan a verdadeira motivación da súa devoción…; libreiros e usureiros que lle meteron calote a Curros; carlistas sanguinarios con pinta de moi devotos que moulan a súa derrota política; escritoras como [[Emilia Pardo Bazán]], envexosas da fama de [[Rosalía de Castro]] e contrarias o Rexurdimento etc… . Todos estes personaxes son satirizados por o poeta.
Unha vez en Roma, Añón e Curros entrevístanse co papa León XIII e aconséllanlle que a Igrexa renuncie as súas enormes riquezas, que deixe de lado os bens temporais e abandone as súas ambicións guerreiras. O papa promete facer todas esas cousas… máis Añón apostila con sorna, xa de regreso: “¡nunca se cumpren/os programas liberales!” e o poema remata: “desde''"desde entón creo… ou non creo/ pero dudar ¡xa non dudo!"''
 
[http://www.galiciaespallada.com.ar/curros_divino_sainete.htm obra completa online]