Catania: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Toliño (conversa | contribucións)
m arranxo; +{{FormatoWiki}}
Sen resumo de edición
Liña 3:
'''Catania''' é a segunda cidade máis grande de [[Sicilia]], situada na costa este da illa e na metade do camiño entre as cidades de [[Messina]] e Siragusa. Catania é unha cidade italiana de 296.453 habitantes e 770.000 na sua área metropolitana. Catania está situada ao pé dunha das principais atraccións naturais de Sicilia, o monte [[Etna]]. O Etna é o volcán activo máis grande de Europa e a montaña máis alta de [[Italia]] ó sur dos [[Alpes]].
Catania foi fundada no século VIII a.C. por colonos gregos e segundo os historiadores o nome da cidade deriva de “Katane” (raiado), polo territorio lávico do volcán Etna. No 1434 foi fundada a primeira universidade siciliana por Alfonso V de Aragón. Hoxe a universidade de Catania é unha das máis grandes do sur de Italia con 62.000 estudantes e dividida en 12 facultades. Catania foi destruída sete veces por terremotos e erupcións volcánicas, e a última catástrofe que se lembra foi no ano [[1693]].
Catania ofrece un escenario que atrae moitos turistas e viaxantes. O estilo [[barroco]] do seu centro histórico foi declarado Patrimonio Mundial pola [[UNESCO]] no 2002. As principais atraccións de Catania son a praza Duomo, o teatro romano, o Parco Bellini, o castello Ursino e a central Via Etnea.
[[File:Catania BW 2012-10-06 11-32-08 2 fj.JPG|thumb|Catania BW 2012-10-06 11-32-08 2 fj]]
A praza Duomo é unha das atraccións principais de Catania, onde se pode admirar os dous pricipais símbolos de Catania, unha é a fonte de elefante chamado “o Liotru” que é considerado o emblema da cidade. En fronte da fonte pódese admirar a impresionante catedral, dedicada a Santa Ágata. Santa Ágata é o santa patroa de Catania e cada ano do 3 ao 5 de febreiro a cidade celebra unha festa na súa honra. Outros lugares característicos en Catania son o mercado do peixe sempre brillando con cores, sons e cheiros, e o mercado chamado “fera ´o luni” que está aberto todos os días.
O clima en Catania é de tipo [[mediterráneo]], o inverno xeralmente é de curta duración e con temperaturas máximas durante o día relativamente suaves, mentres o verán é de longa duración con temperaturas máximas moi altas, mesmo chegan a superar os 40 graos. As linguas faladas en Sicilia son o [[siciliano]] e o [[Italiano]]. O siciliano é unha lingua romance propia da illa de Sicilia e falada normalmente en familia ou entre amigos.