Catania: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Catania|miniaturasenmarco|[[File:Catania panorama.jpg|thumb|Catania panorama]]]]
'''Catania''' é a segunda cidade máis grande de Sicilia, situada na costa este da illa e na metade do camiño entre as cidades de Messina e Siragusa. Catania é unha cidade italiana de 296.453 habitantes e 770.000 na sua área metropolitana. Catania está situada ao pé dunha das principais atraccións naturais de Sicilia, o monte Etna. O Etna é o volcán activo máis grande de Europa e a montaña máis alta de Italia ó sur dos Alpes.
Catania foi fundada no século VIII a.C. por colonos gregos e segundo os historiadores o nome da cidade deriva de “Katane” (raiado), polo territorio lávico do volcán Etna. No 1434 foi fundada a primeira universidade siciliana por Alfonso V de Aragón. Hoxe a universidade de Catania é unha das máis grandes do sur de Italia con 62.000 estudantes e dividida en 12 facultades. Catania foi destruída sete veces por terremotos e erupcións volcánicas, e a última catástrofe que se lembra foi no ano 1693.