Herdanza mendeliana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Cambio ca:Lleis de Mendel por ca:Genètica mendeliana
Sen resumo de edición
Liña 13:
}}</ref> Entre 1856 e 1863, cultivou e probou unhas 29.000 plantas de chícharo. Destes experimentos deduciu dúas xeneralizacións, que máis tarde se coñecerían como ''principios da herdanza de Mendel'' ou ''leis de Mendel''. Mendel describiu estes principios nun artigo que tiña dúas partes, títulado ''[[Experimentos sobre a hibridación de plantas]]'', que leu na Sociedade de Historia Natural de [[Brno]] (hoxe na [[República Checa]]) en 1865, e que foron publicados en 1866.<ref> Pode lerse o artigo de Mendel en inglés en: {{cite web| title=Experiments in Plant Hybridization| author=Gregor Mendel| year=1865| url= http://www.mendelweb.org/Mendel.html}}</ref>
 
As conclusións de Mendel non tiveron moita repercusión na comunidade científica e foron ignoradas durante moito tempo. Aínda que non foron completamente descoñecidas polos biólogos do seu tempo, non parecía que fosen aplicables xeneralizadamente, e mesmo o propio Mendel, pensaba que só se aplicaban a certos tipos de especies ou caracteres. O principal obstáculo para comprender a súa importancia foi a relevancia que se lle daba no século XIX á aparente mestura dos caracteres herdados que se comprobara en certos casos (caracteres cuantitativos), que agora sabemos que se debe a interaccións multixénicas, en comparación cos caracteres binarios específicos dun órgano que estudou Mendel. <ref name=Henig/> Porén, en 1900, o seu trabsallo foi "redescuberto" polos científicos, [[Hugo de Vries]], [[Carl Correns]], e [[Erich von Tschermak]]. A natureza exacta deste "redescubrimento" foi debatida: De Vries publicou primeiro sobre este asunto, mencionando a Mendel nunha nota CACA a rodapé, e Correns indicou a prioridade de Mendel despois de ler a publicación de De Vries. Pode ser que De Vries non recoñecese verdadeiramente cantos dos seus coñecementos sobre as leis procedían do seu propio traballo e cantos procedían da lectura dos artigos de Mendel. Algúns estudosos posteriores acusaron a Von Tschermak de non ter comprendido os resultados en absoluto.<ref name=Henig/>
 
De todos os xeitos, o "redescubrimento" converteu ao mendelismo nunha teoría importante pero controvertida. O seu promotor máis vigoroso en Europa foi [[William Bateson]], que acuñou os termos "[[xenética]]", "[[xene]]" e "[[alelo]]" para describir moitos dos seus principios. O modelo da herdanza foi moi contestado por outros biólogos porque implicaba que a herdanza era descontinua, en oposición á variación aparentemente continua observable en moitos caracteres. Moitos biólogos tamén desbotaban a teoría porque non estaban seguros de que se puidese aplicar a todas as especies. Porén, os traballos posteriores de biólogos e estatísticos como [[R. A. Fisher]] mostraron que en caso de estaren implicados moitos factores mendelianos na expresión dun só carácter, podía producirse toda a diversidade de resultados observados. Posteriormente [[Thomas Hunt Morgan]] e os seus colaboradores integraron o modelo teórico de Mendel na teoría cromosomica da herdanza, na cal os cromosomas levaban o material xenético, e crearon o que se coñece como [[xenética clásica]], que tivo un extraordinario éxito e deulle a Mendel un lugar destacado na historia da ciencia.