Olivetti: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
edición hispano olivetti
ampliación historia olivetti italia
Liña 25:
 
==Historia==
[[File:Ivrea Monumento Camillo Olivetti.JPG|thumb|150px|esquerda|Monumento a Camilo Olivetti en Ivrea.]]
[[File:OlivettiManifestoM1.jpg|thumb|150px|dereita|M1 Olivetti.]]
[[Camilo Olivetti]] nado en 1868 en Ivrea preto dos [[Alpes]] italianos. Con 23 anos ten o título de enxeñeiro en Turín. Dous anos despois viaxa por primeira vez a Estados Unidos. Alí visita algunhas grandes industrias e coñece a Edison. Un ano e medio despois regresa a Ivrea. Con 27 anos establece unha pequena empresa para fabricar equipos eléctricos de medición.
 
Na súa segunda viaxe a Estados Unidos visita as fábricas de [[Underwood]], [[Royal]] e [[Remington]]. En Underwood fabricaban 70.000 máquinas de escribir ao ano. Alí adquire os coñecementos, a tecnoloxía e a xestión da empresa americana.
 
O 29 de outubro de 1908 Camillo Olivetti fundou en Ivrea a Ing. C. Olivetti & C.S.p.A. A empresa tiña entón 20 empregados e unha superficie de 500 metros cadrados. A produción era de 20 máquinas á semana.
 
O primeiro modelo de máquina de escribir fabricada por Olivetti foi a M1, presentada en 1911 na Exposición Universal de Torino. A M1 diferenciase dos modelos americanos pola súa liña sinxela e elegante. É de mecanismos novedosos sinxelos e rápidos. A publicidade véndea como: Máquina de escribir de primeiro grao, deseño orixinal, boa visibilidade de escritura, teclado estándar, escritura bicolor, tabulación decimal, tecla de retorno de carro, marxes, fabricación moderna e precisa. En 1913 a produción xa era de 23 máquinas á semana con 110 empregados. En 1915, Italia entra en guerra contra Austria. Olivetti convirte parte da fábrica para a produción bélica.
En 1920 presenta en a M20. A fábrica xa ampliada en 1922 saca 2.000 máquinas de escribir gracias sobre todo á reorganización do traballo e á introdución da cadea de montaxe. Crean entón o seu primeiro centro de asistencia técnica a clientes.
[[Adriano Olivetti]], fillo de Camilo comenza a traballar na fábrica na mellora dos procesos de produción e en 1928 se crea o servizo de publicidade que dirixe el mesmo coa colaboración de importantes artistas e mestres do deseño que plasman sus obras y diseños en los productos, carteles y todo tipo de documentos de la empresa.
 
A empresa medrou rápidamente ampliando e diversificando a oferta. Pasando a ter presenza comercial en Europa e no resto do mundo. Saíron novos modelos de máquinas de escribir, télex, fax, calculadoras, ordenadores, fotocopiadoras, impresoras, sistemas de control numérico, equipamento informático e tamén mobiliario de oficina. Olivetti abriu delegación en Barcelona en 1929 co nome de Hispano Olivetti.
 
 
 
===Hispano Olivetti===
Liña 30 ⟶ 45:
O 22 de xaneiro de 1929 créase por iniciativa do enxeñeiro catalán Julio Capará en Barcelona a Sociedade Anónima Hispano Olivetti. Despois da Guerra Civil a empresa absorbe a empresa La Rápida, que fabricaba máquinas de escribir e de coser.
En 1940 a empresa merca un solar de 10.000 metros cadrados no número 866 da Gran Vía. O edificio inaugúrase en 1942. Durante a posguerra a empresa medra rápidamente. Hispano Olivetti ao ser unha filial dunha empresa italiana foi favorecida polo réxime. Tiña soporte técnico de seu e unha posición de monopolio no mercado. En 1963 a empresa chega a ter 3.200 traballadores e era o centro máis importante do mundo cunha produción de 600.000 máquinas de escribir ao ano. A empresa chegaría a ser un dos exemplos do ''[[desarrollismo español]]''. A empresa tiña comedores para os traballadores, servizo de gardería, vacacións para os fillos dos traballadores e múltiples actividades e servizos.
A primeiros dos anos 1980 chega a informática persoal sendo as máquinas de escribir cada vez menos empregadas. A empresa comezou con reduccións de plantilla ata o peche en 1992 da vella fábrica abrindo unha planta de produción de produtos informáticos no Parc Tecnológic de Cerdanyola del Vallès. En 1997 cedeu o material cultural ao Arquivo Histórico de Cataluña.
 
== Notas ==