André Vesalio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
Liña 18:
O seu método de ensinanza era revolucionario. Tradicionalmente o profesor ensinaba lendo os textos clásicos (principalmente a obra de Galeno) e a súa exposición era seguida pola disección dun animal, realizada por un [[cirurxián-barbeiro]] baixo a dirección do profesor. Vesalio, en cambio, converteu a disección na parte máis importante da clase, levándoa a cabo por si mesmo, rodeado polos seus alumnos. Para Vesalio, a observación directa era a única fonte fiábel, o que supoñía unha importante ruptura coa práctica medieval, baseada fundamentalmente nos textos.
 
Recompilou os seus debuxos de anatomía, para uso dos seus estudantes, en táboas anatómicas ilustradas. Cando descubriu que algúns deles estaban sendo copiados, publicounos en [[1538]] co título de ''Tabulae Anatomicae Sex'' (Venecia, 1538). As tres láminas osteolóxicas foron realizadas por Kalkar, a instancias súas; as tres relativas ás vísceras ([[fígado]], [[vea porta]] e xenitais; fígado e [[vea cava]]; [[corazón]] e [[aorta]]) realizounas el mesmo. En [[1539]] publicou tamén unha versión actualizada do vademecum[[vademécum]] anatómico de Galeno, ''Institutiones Anatomicae''. Cando esta obra chegou a París, un dos seus antigos profesores publicou un ataque contra ela.
 
En [[1538]] publicou unha obra sobre a [[flebotomía]] ou [[sangría (medicina)|sangría]], que era na época un tratamento que se aplicaba a case calquera enfermidade. Existía un debate acerca de cal era o lugar máis adecuado para a extracción de sangue. O procedemento defendido por Galeno consistía en extraer o sangue dun punto próximo ao da localización da doenza. Sen embargo, a práctica musulmá e medieval prescribía extraer menor cantidade de sangue dun punto máis distante. A obra de Vesalio apoiaba a opinión de Galeno, e apoiaba os seus argumentos en diagramas anatómicos.