Diferenzas entre revisións de «Uhha-Ziti»

sen resumo de edición
Sem resumo de edição
Sem resumo de edição
'''Uhha-Ziti''' foi rei de [[Arzawa]] desde aproximadamente o [[-1330]] ata o [[-1320]] ou [[-1319]].
 
O rei hitita [[Mursilis II]] iniciou o seu reinado combatendo aos [[Kaska]] do nordeste de Anatolia, preto da Cólquide[[Cólquida]], e ao reino de [[Palhuissa]] que ficou pacificado no segundo ano de reinado; na primavera seguinte foi desde Ankuwa contra [[Attarimma]], [[Huwarsanassa]] e [[Suruda]], cuxos reis fuxiron a Arzawa. Mursilis pediu a súa entrega, pero Uhha-Ziti negouse e ofendeuno chamándolle "rapaz". Mursilis foi a Palhuissa para reunir un exército. A campaña está ben documentada nos anais (ano dous): invadiu Arzawa e no monte Lawasa, pouco antes de chegar ao río Sehiriya, veu un raio (un meteoro probabelmente) que marcaba dirección norte cara [[Apasas]]. En [[Sallapa]], Mursilis xuntou as súas forzas coas do seu irmán [[Sarri-Kusuh]], ao que o seu pai había facer rei de Kargamis ([[Karkemish]], en Siria). En [[Aura]], [[Maskhuiluwas]] rei de [[Mira]] informouno que o raio ferira a Uhha-Ziti no xeonllo e o deixara incapacitado. O rei de Arzawa non se recuperou o suficiente, pero aliado co rei de [[Ahhiyuwa|Ahhiuwa]] enviou ao seu fillo, [[Piyama-Kurunta]], a atacar a Maskhuiluwas de Mira, e posibelmente destruíu [[Impa]], pero Maskhuiluwas o rexeitou. Maskhuiluwas volveu a [[Hapanuwa]], e ficou fiel aliado hitita. Mursilis enviou a Gullas e Malazitis a saquearen a cidade de Milawata (Mileto) aliada de [[Ahhiyawa]]. Co pai aínda incapacitado para camiñar, Piyama-Kurunta presentou batalla en [[Walma]], na rexión de [[Astarpa]], e foi derrotado. Uhha-Ziti fuxiu ás illas da costa e morreu pouco despois.
 
[[ca:Uhha-Ziti]]
53.438

edicións