Tricrómico de Masson: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Descrición: Tecido (bioloxía)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 4:
As seccións primeiro tínguense cunha tinguidura ácida tal como [[escarlata de Biebrich]]. Tódolos elementos acidófilos do [[Tecido (bioloxía)|tecido]] tales coma citoplasma, [[músculo]] e coláxeno agárranse ás tinguiduras ácidas. As seccións entón trátanse co [[ácido fosfotúngstico]] e/ou [[ácido fosfomolíbdico|fosfomolíbdico]]. Xa que o citoplasma é moito menos permeable que o coláxeno, os ácidos fosfotúngsticos e fosfomolíbdicos fan á escarlata de Biebrich saír do coláxeno pero non do citoplasma. Os ácidos fosfotúngsticos e fosfomolíbdicos teñen numerosos grupos ácidos que probablemente actúen como medio de unión entre o coláxeno e o azul da [[anilina]], que é a tinguidura do coláxeno. Probablemente o [[pH]] da solución ácida fosfotúngstica/fosfomolíbdica tamén aumente a coloración e axude ó coláxeno na difusión ou na retirada dos colorantes.
 
Calquera tecido con compoñente conxuntivo pode empregarse como tecido de control, en especial con contido en fibras coláxenas. Calquera fixador é válido, se ben é de elección a solución de Bouin. O grosor de corte óptimo é de entre 4 e 6 [[micrón]]s. O resultado en núcleos é unha cor azul-moura, en citoplasmas, [[queratina]], [[fibra muscular|fibras musculares]] e eritrocitos[[eritrocito]]s unha cor vermella e en [[coláxeno]] e [[reticulina]] unha cor azul ou verde. A técnica presenta multitude de variantes, pero as principais modificacións fan referencia ó uso dun diferenciador despois da hematoxilina (ácido pícrico), o tempo das solucións, a temperatura, etc.
 
* Reactivos