Célula miosatélite: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.3) (Bot: Engado: pl:Komórki satelitarne mięśni
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Nonconfundir|célula satélite glial}}
 
As '''células miosatélites''', '''células satélites musculares''' ou '''células satélites mioxénicas''', moitas veces denominadas, simplemente, '''células satélites''' son unhas pequenas [[célula proxenitora|células proxenitoras]] mononucleares que case non teñen [[citoplasma]], que se encontran no [[músculo]] maduro. Están situadas entre a [[membrana basal]] e a [[membrana plasmática]] (sarcolema) dunha [[fibra muscular]], e poden ser difíciles de distinguir dos núcleos que están dentro da fibra muscular. Estas células satélite poden diferenciarse e fusionarse para aumentar o tamaño das [[fibra muscular|fibras musculares]] xa existentes e poden formar novas fibras. Estas células foron as [[célula nai|células nais]] ou troncais adultas primeiro descubertas, e están implicadas no crecemento normal do músculo, e na súa rexeneración cando sofre danos.
 
No músculo que non sufriu danos, a maioría das células satélites musculares son ''quiescentes''; non se diferencian nin se dividen. En resposta á tensión mecánica, as células satélites ''actívanse''. As células miosatélites activadas proliferan inicialmente como [[mioblasto]]s do músculo esquelético antes de experimentaren a [[diferenciación celular]] mioxénica.