Lea, Pol: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Xas (conversa | contribucións)
Liña 19:
A '''igrexa de San Bartolomeu de Lea''' é unha obra de nave rectangular, cuberta de madeira a dous vertentes, do primeiro terzo do [[século XIX]]. Fachada de liñas austeras e campanil dun só vano, último cuarto do século XVIII. Arco triunfal con imposta sinxela. Presbiterio cuadrangular, máis alto, con bóveda de pedra e arranque pouco saínte, con arcos de descarga sobre os muros. Sancristía na cabeceira, de menores proporcións que a capela maior, a tres vertentes, dos primeiros anos do XIX. Muros de xisto, pavimento de lastra, granito nos esquinais e tellado de xisto. O retablo maior, neoclásico, realizado polo escultor [[Francisco Somoza]], veciño de Abres, en [[1805]], con altorrelevos de San Blas e Santo Agostiño. Tamén fixo o relevo de San Ramón, que non se conserva. Escultura de San Bértalo (titular), da época. Retablo dereito, seudogótico, moderno, con escultura de San Bértalo, século XVIII.
 
'''Casa de Teixeiro''', chamada tamén do Avogado, situada detrás da igrexa. Ten un corredor, con escaleiras exteriores sobre piares de pedra. A inscrición do piar central di que a fixo Juan Teixeiro e a súa muller dona Rosa Mon. No piar da esquerda, está gravado o ano [[1742]]. Ten ademais, dous escudos na fachada. Un, con unha árbore e unha aguia coroada e 0o outro, de labra máis fina, ademais dos motivos do anterior, presenta catro estrelas sobre o plano refundido e a M dos Montenegro coa O na parte superior.
 
==Lugares e parroquias==