Cambios

Calendario chinés

8 bytes engadidos, hai 5 anos
m
Orixe
 
== Orixe ==
A súa orixe asóciase ao emperador [[Huang Ti]], ó redor do ano [[-2637|2637]] aC, cando introduciu 5 ciclos de doce anos rexidos por animais distintivos: [[rata]], [[Vaca|boi]], [[tigre]], [[coello]], [[dragón]], [[cobra]], [[cabalo]], [[ovella]], [[Mono (animal)|mono]], [[galiña|galo]], [[can]] e [[porco]]. As casas lunares ou [[shǔ]] son cada unha das 28 constelacións do [[zodíaco]] lunar. Dependendo da data e hora de nacemento da persoa, a [[lúa]] estará nalgunha das casas lunares, determinando así o signo da persoa.
 
O calendario chinés tradicional<ref name="cronoauta"><small>[http://crononauta.com/c_chino_intro.html Historia sobre o Calendario chinés] en [http://www.crononauta.com Crononauta.com]</small></ref> é tan antigo que non se coñecen ben as súas orixes. Di a lenda que as súas primeiras bases se remontan ós xia, que habitaron aquelas terras sobre o [[-2205|2205]] a.C., mentres que outra tradición o atribúe directamente ó mítico Huang ti, unificador e primeiro emperador da China, que viviu alá polo século III a.C. Os historiadores sitúan as orixes cara á metade da [[dinastía Shang]] ([[-1300|1300]] a.C.), data da primeira constancia documental da utilización das contas cíclicas para os días.
19.636
edicións