Diferenzas entre revisións de «José Zorrilla»

m
→‎Traxectoria: lig. interna
m (→‎Notas: ORDENAR:Zorrilla, Jose)
m (→‎Traxectoria: lig. interna)
Trala morte de [[Fernando VII de España|Fernando VII]] o seu pai, profundo [[absolutismo|absolutista]], foi desterrado a [[Lerma]], e o fillo enviado a estudar [[Dereito]] á [[Real Universidade de Toledo]] baixo a vixilancia dun familiar [[cóengo]], en cuxa casa se hospedou; porén, tralo seu fracaso escolar o cóengo devolveuno a [[Valladolid]] para que seguise estudando alí ([[1833]]–[[1836]]). Á súa chegada á cidade natal foi amonestado polo pai, que marchou despois a [[Torquemada]], e por [[Manuel Tarancón]], [[rector]] da Universidade e futuro [[bispo de Córdoba]].
 
O carácter imposto dos estudos e maila súa atracción polo [[debuxo]], as mulleres (unha curmá da que namorou durante unhas vacacións) e a [[literatura]] de autores coma [[Walter Scott]], [[James Fenimore Cooper]], [[Chateaubriand]], [[Alexandre Dumas (pai)|Alejandro Dumas]], [[Victor Hugo]], o [[Ángel de Saavedra|Duque de Rivas]] ou [[José de Espronceda|Espronceda]] levaron o seu futuro por outros vieiros. O pai desistiu do intento de tirar proveito do seu fillo e en [[1836]] mandouno levar a Lerma a cavar [[vide]]s, pero de camiño o mozo roubou unha [[mula]], fuxiu a Madrid e iniciouse na vida literaria frecuentando os ambientes artísticos e [[bohemia|bohemios]] da vila, malia pasar moita fame.
 
Finxiu ser un artista [[italia]]no para debuxar no Museo das Familias. Publicou algunhas poesías en ''El Artista'' e pronunciou discursos revolucionarios no Café Nuevo, que os levaron a ser perseguido pola policía, tendo que refuxiarse na casa dun xitano. Daquela fixo amizade con [[Miguel de los Santos Álvarez]] e o italiano [[Joaquín Masard]]. Trala morte de [[Mariano José de Larra|Larra]] en [[1837]], José Zorrilla declama na súa memoria un improvisado poema co que logra a amizade de [[José de Espronceda]] e [[Juan Eugenio Hartzenbusch]], e que o consagraría coma poeta de renome. Comezou a escribir para os periódicos ''El Español'', onde substituíu ao falecido, e ''El Porvenir''. Empezou a frecuentar a [[tertulia]] de [[El Parnasillo]] e leu poemas en El Liceo. O seu primeiro drama, escrito en colaboración con García Gutiérez, foi ''Juan Dándolo'', estrenado en xullo de [[1839]] no Teatro del Príncipe. En [[1840]] publicou os ''Cantos del trovador'' e estrenou tres dramas, ''Más vale llegar a tiempo'', ''Vivir loco y morir más'' e ''Cada cual con su razón''. En 1842 publica ''Vigilias de Estío'' e dá a coñecer as obras teatrais ''El zapatero y el rey'', ''El eco del torrente'' e ''Los dos virreyes''.
68.670

edicións