Georges Bataille: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Engado: eu:Georges Bataille
Prevert (conversa | contribucións)
m lig. interna
Liña 9:
Fundador de numerosas publicacións e grupos de escritores, foi autor dunha obra abundante e diversa: lecturas, poemas, ensaios sobre numerosos temas (sobre o misticismo da economía, [[poesía]], [[filosofía]], as [[arte]]s, o [[erotismo]]). Algunhas veces publicou con pseudónimos, e algúns dos seus textos foron censurados.
 
Foi membro, xunto a [[Roger Caillois]] e outros, do influente Colexio de Socioloxía de Francia entre a Primeira e Segunda guerras mundiais. As súas influencias principais foron [[Hegel]], [[Freud]], [[Karl Marx|Marx]], [[Marcel Mauss]], o [[Donatien Alphonse François de Sade|Marqués de Sade]] e [[Friedrich Nietzsche]]. A Nietzsche defendeuno nun coñecido ensaio contra a súa apropiación polos nazis.
 
Fascinado polo sacrificio humano, fundou unha sociedade secreta, ''Acéphale'' (sen cabeza), cuxo símbolo era un home decapitado, co obxectivo de poñer en marcha unha nova relixión, e planeaba sacrificar a un dos seus membros como inauguración, creando un lazo imborrabel de complicidade. Aínda que varias persoas se manifestaron dispostas a deixarse matar, ninguén estivo disposto a cometer o asasinato. Bataille ofreceu a tarefa a Roger Caillois, pero este negouse.