Diferenzas entre revisións de «Serra Nevada»

m
Existen referencias á Serra Nevada desde a antigüidade. [[Plinio o Vello]] xa mencionou no século I a existencia do monte ''Solarius'' na zona fronteiriza entre as provincias romanas [[Hispania|hispanas]] da [[Bética]] e a [[Tarraconense]]. Durante a época [[visigodos|visigoda]], [[Isidoro de Sevilla]] falou do monte ''Solorio'', derivada de ''mont Oriens'', «monte no que loce o sol antes de saír». Máis adiante, diversos autores [[Musulmán|islámicos]] a mencionan, denominándoa uns ''Yabal Sulayr'' (monte do Sol e do Aire), ''Yabal-al-Tay'' (monte da Neve) e outros simplemente ''Sulayr''. Outras denominacións posteriores foron ''monte do Sol'', do ''Aire e do Sol'', da ''Neve'' e tamén ''Serra da Xeada'', sendo a partir do [[século XVIII]] bautizada como é coñecida hoxe: ''Serra Nevada''.
 
Durante o [[século XVI]] foi escenario da [[Rebelión das Alpujarras]]. Posteriormente, no [[século XVIII]] marca o inicio de diversas expedicións, nas que, influídos polo espírito da [[Ilustración]], comezouse a explorar sistematicamente a serra. Así, sobresaen a dirixida polo [[Zenón de Somodevilla y Bengoechea|marqués da Ensenada]], á que seguiron outras protagonizadas por importantes científicos, especialmente botánicos, biólogos e xeólogos. Estes comezaron a describir nas súas obras a importantísima riqueza natural da serra. Autores como [[Washington Irving]] establecéronse nas súas inmediacións no século XIX. A finais deste, [[Ángel Ganivet]], a sazón de cónsul de [[España]] en [[Finlandia]], comentou nalgún dos seus escritos <ref>[http://www.cetursa.es/Informaci%C3%B3n%20Corporativa/Historia%20Cetursa Historia de la estación de esquí de Sierra Nevada]</ref> que a serra podería converterse na «Finlandia andaluza», pola existencia de neve máis de 6 meses ao ano. Xa no século XX, o escritor e hispanista británico [[Gerald Brenan]] adicou a súa obra ''[[Al sur de Granada]]'' a inmortalizar a máis significativa das comarcas da serra, a [[Alpujarra]].
 
No en [[1925]] construíuse un [[tranvía]]-[[ferrocarril]] desde [[Granada, España|Granada]] ata a localidade próxima de [[Güejar-Sierra]], que aínda que foi clausurado nos anos 70 marcou en [[Provincia de Granada|Granada]] un antes e un despois no coñecemento da serra.
68.670

edicións