Miocito: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
O '''miocito''', tamén chamado '''fibra muscular''' ou '''célula muscular''' é o tipo de célula que forma o [[tecido muscular]]. Son células longas e tubulares que se orixinan a partir de [[mioblasto]]s.<ref>MeshName - Myocytes [http://www.nlm.nih.gov/cgi/mesh/2011/MB_cgi?mode=&term=Myocytes]</ref> Hai varias clases de miocitos, especializados segundo o tipo de músculo no que se atopen, polo que se distinguen os seguintes tipos:
* '''[[Fibra muscular estriada esquelética]]'''. Forman os músculos esqueléticos, é dicir, os músculos unidos aos ósos do esqueleto formando o aparato locomotor, que causan os movementos do corpo controlados voluntariamente. Están cheas de miofilamentos de proteínas contráctiles ([[actina]] e [[miosina]] principalmente) moi ordenados formando uns paquetes chamados [[miofibrila]]s, que presentan lonxitudinalmente unha sucesión de unidades contráctiles chamadas [[sarcómero]]s. A superposición regular destes filamentos dá lugar a unhas estriacións na fibra perfectamente visibles ao microscopio, tanto na miofibrila como na célula muscular completa. Estes miocitos son cilíndricos, moi longos e estreitos e afiados nos extremos, polo que son fusiformes, e teñen varios núcleos en posición superficial.<ref name=Fawcett>D. W. Fawcett. Tratado de Histología. Editorial Interamericana-Mc. Graw Hill. 11ª edición. Páxinas 267, 275, 296. ISBN 84-7605-361-4</ref>
* '''[[Fibra muscular estriada cardíaca]]'''. Non son cilíndricos e fusiformes senón que se bifurcan e conectan con outros adxacentes por uns extremos especializados chamados discos intercalares. Tamén forman sarcómeros e estriacións, pero teñen un só núcleo situado en posición profunda e son de contracción involuntaria. Tamén teñen sarcómeros e estriacións.
:Os miocitos cardíacos, ademais de seren responsables da contracción do corazón, son tamén responsables de xerar os impulsos eléctricos que controlan a frecuencia cardíaca. Esta función exércena miocitos cardíacos especializados situados no [[nodo sinoauricular]], [[nodo auriculoventricular]] e [[feixe de His]] do [[corazón]] (ver [[fibra de Purkinje]]).<ref name=Fawcett/>
* '''[[Fibra muscular lisa]]'''. Forman os músculos das paredes de órganos e condutos e orixinan a contracción e [[peristaltismo]] involuntario de ditas paredes. Son fusiformes e agrúpanse en láminas ou feixes. Presentan un núcleo único e carecen de sarcómeros e estriacións, xa que as súas miofibrilas están bastante desordenadas.<ref name=Fawcett/>