Diferenzas entre revisións de «Tecido muscular»

* Febras rexenerativas ou febras tipo 2C: febras que actúan coma reservorio rexenerativo.
 
Mediante a microscopía electrónica obsérvase por fóra a lámina externa rodeando a [[membrana plasmática]]. Na lámina fíxanse febras de [[reticulina]], por dentro a lámina lúcida e por fóra a lámina densa. Entre a lámina externa e a membrana plasmática áchanse [[célula satélite muscular|células satélite]], importantes na rexeneración muscular. Nas [[miofibrila]]s atópanse filamentos contráctiles. Obsérvanse unhas liñas denominadas liñas Z, que delimitan a [[sarcómero|sarcómera]]. Entre elas establécense pontes de [[desmina]]. As liñas Z están separadas por zonas claras (áreas de Heller). No medio hai unha banda M. No medio da banda Z hai unha liña moi electrodensa, a liña M, que contén α-actinina. As liñas Z mantéñense unidas grazas á desmina.
 
Entre as dúas liñas Z atópase a sarcómera, constituída por dúas bandas I laterais e unha banda A central. No centro hai unha liña máis clara denominada banda H, onde non chegan os filamentos finos. Xusto no centro hai unha liña máis escura, a banda M, orixinada polas pontes entre os filamentos grosos. Por toda a estrutura distribúense fíos elásticos de quitina {{cómpre referencia}} e inestensibles de [[nebulina]].
187.932

edicións