Diferenzas entre revisións de «Tecido muscular»

sen resumo de edición
Mediante a microscopía electrónica obsérvase por fóra a lámina externa rodeando a [[membrana plasmática]]. Na lámina fíxanse febras de [[reticulina]], por dentro a lámina lúcida e por fóra a lámina densa. Entre a lámina externa e a membrana plasmática áchanse [[célula satélite muscular|células satélite]], importantes na rexeneración muscular. Nas [[miofibrila]]s atópanse filamentos contráctiles. Obsérvanse unhas liñas denominadas liñas Z, que delimitan a sarcómera. Entre elas establécense pontes de [[desmina]]. As liñas Z están separadas por zonas claras (áreas de Heller). No medio hai unha banda M. No medio da banda Z hai unha liña moi electrodensa, a liña M, que contén α-actinina. As liñas Z mantéñense unidas grazas á desmina.
 
Entre as dúas liñas Z atópase a sarcómera, constituída por dúas bandas I laterais e unha banda A central. No centro hai unha liña máis clara denominada banda H, onde non chegan os filamentos finos. Xusto no centro hai unha liña máis escura, a banda M, orixinada polas pontes entre os filamentos grosos. Por toda a estrutura distribúense fíos elásticos de quitina {{citacómpre referencia}} e inestensibles de [[nebulina]].
 
A contracción prodúcese cando os fíos grosos empurran aos delgados cara ao medio, acurtándose a sarcómera. Obsérvase acurtamento das bandas claras pero non das escuras. Obsérvanse tamén numerosas mitocondrias e unha serie de invaxinación da membrana, chamadas túbulos T, cuxa función é a de propagar o impulso nervioso.
187.986

edicións