Diferenzas entre revisións de «Tecido muscular»

O músculo estriado áchase cuberto por un tecido conxuntivo denominado epimisio. Á súa vez, cada fascículo muscular está cuberto polo perimisio. Entre os distintos fascículos existe un tecido denominado endomisio.
 
Ao microscopio óptico o [[miocito]] estriado ten forma cilíndrica. Forman febras moi longas, dun extremo a outro do [[músculo]], sen interrupción. A estes miocitos tamén se lles denomina rabdomiocitos. O diámetro das febras dependen da idade (menor en nenos e anciáns), constitución xenética, do exercicio e do tipo de músculo (os grandes músculos teñen febras de maior tamaño). Nunha mostra histolóxica vense unha serie de bandas anisótropas chamadas bandas A. Altérnanse bandas claras e escuras. O miocito posúe varios núcleos, situados na periferia. Excepcionalmente pode haber algún núcleo central. Se existen moitos núcleos centrais debe haber unha patoloxía de base. O músculo estriado debe ser obervado mediante conxelación.
 
Asociadas á membrana plasmática áchanse: [[distrofina]] (que serve de nexo entre fíos intracelulares de [[actina]] e febras extracelulares de [[laminina]]), un complexo distroglicano e un complexo sarcoglicano.
 
A histoquímica permite diferenciar dous tipos de músculo estriado: branco e vermello. As febras vermellas son de contracción lenta, mentres que as brancas son de contracción rápida. Na especie humana non hai diferenzas significativas na coloración. A musculatura humana posúe febras brancas, vermellas e intermedias, mesturadas en distintas proporcións.
* Febras vermellas ou febras tipo 1: de pequeno diámetro. Son de metabolismo aerobio cunha grande actividade oxidativa mitocondrial. Posúen grandes cantidades de [[mioglobina]]. Predominan en músculos lentos de actividade constante.
* Febras brancas ou febras tipo 2B: de maior tamaño, son anaerobias. Posúen abundante [[glicóxeno]] e enzimas glucolíticosglicolíticos. Predominan en músculos rápidos de actividade intermitente.
* Febras intermedias ou febras tipo 2A: detectables mediante [[ATPase|ATPasa]]. Son glucolíticasglicolíticas, rápidas e resistentes á fatiga.
* Febras rexenerativas ou febras tipo 2C: febras que actúan coma reservorio rexenerativo.
 
Mediante a microscopía electrónica obsérvase por fóra a lámina externa rodeando a [[membrana plasmática]]. Na lámina fíxanse febras de [[reticulina]], por dentro a lámina lúcida e por fóra a lámina densa. Entre a lámina externa e a membrana plasmática áchanse [[célula satélite muscular|células satélite]], importantes na rexeneración muscular. Nas [[miofibrila]]s atópanse filamentos contráctiles. Obsérvanse unhas liñas denominadas liñas Z, que delimitan a sarcómera. Entre elas establécense pontes de [[desmina]]. As liñas Z están separadas por zonas claras (áreas de Heller). No medio hai unha banda M. No medio da banda Z hai unha liña moi electrodensa, a liña M, que contén α-actinina. As liñas Z mantéñense unidas grazas á [[desmina]].
 
Entre as dúas liñas Z atópase a sarcómera, constituída por dúas bandas I laterais e unha banda A central. No centro hai unha liña máis clara denominada banda H, onde non chegan os filamentos finos. Xusto no centro hai unha liña máis escura, a banda M, orixinada polas pontes entre os filamentos grosos. Por toda a estrutura distribúense fíos elásticos de quitina {{cómpre cita}} e inestensibles de [[nebulina]].
 
A contracción prodúcese cando os fíos grosos empurran aos delgados cara ao medio, acurtándose a sarcómera. Obsérvase acurtamento das bandas claras pero non das escuras. Obsérvanse tamén numerosas mitocondrias e unha serie de invaxinación da membrana, chamadas túbulos T, cuxa función é a de propagar o impulso nervioso.
187.986

edicións