Candelaria: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 8:
O municipio de Candelaria acolle a peregrinación anual de Candelaria (en febreiro e en agosto, esta última é a máis importante), así como aos [[peregrino]]s que visitan o municipio en todas as demais épocas do ano. As principais paradas da súa visita son a Basílica da Candelaria e a Cova de Achbinico.
 
=== Basílica de Nosa Señora da Candelaria ===
A [[Basílica de Nosa Señora da Candelaria]], declarada [[Ben de Interese Cultural]], é o templo máis importante do municipio e un dos principais templos do arquipélago, pois é onde se atopa a imaxe da Patroa de Canarias. É o principal templo dedicado á [[Virxe María]] nas Illas Canarias, e é tamén o santuario que atrae máis peregrinos.
 
A actual basílica data de [[1959]] e foi construída sobre unha antiga ermida. Destaca a súa alta torre-campanario. Aos seus pés atópase a [[Praza da Patroa de Canarias]]. A imaxe da Virxe apareceu en Chimisay, ao redor de [[1392]]. O primeiro gran Santuario á Virxe de Candelaria foi o construído en [[1668]]. Despois do aumento das peregrinacións dos devotos e do incendio que sufriu o templo orixinal, creouse a necesidade de construír un [[templo]] máis grande (a basílica actual), que ten capacidade para 5.000 persoas.