Illa de Toralla: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 28:
[[File:FAV2011 Aspa 1.jpg|thumb|right|350px|Vista da illa]]
===Flora===
A comezos do [[século XX]] a vexetación da illa era en case a súa totalidade unha [[Ulex|toxeira]] con [[UzErica (xénero)|uces]], ao igual que se pode ver hoxe en día nas [[illas Ronseis]], dúas pequenas illas situadas á entrada da baía de [[Baiona]]. As [[árbore]]s plantáronse na segunda decena do século pasado por [[Martín Echegaray Olañeta]] despois de lle comprar a illa a don Enrique Lameiro Sarachaga no ano 1910. Daquela plantación consérvanse aínda algúns exemplares, xa case centenarios.
Por mor á falla de mantemento, practicamente en estado de abandono, a que estivo sometida a illa durante máis de 35 anos, concretamente dende 1939 até1975 e tamén, como consecuencia dos temporais do inverno, unha gran parte de aquel arboredo perdeuse.
Foi a partir da urbanización da illa, en 1975, cando as comunidades de propietarios decidiron destinar unha partida nos seus orzamentos anuais para a recuperación das zonas verdes e o repoboación destas con novo arboredo [[Planta ornamental|ornamental]].