Illa de Toralla: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 88:
Como complemento das edificacións mantivéronse, e mesmo incrementáronse sobre as xa existentes, amplas superficies de arboredo e [[xardín]]s, e responde desta forma a un acordo co daquela goberno municipal vigués.
 
Así mesmo, construíronse dúas [[Estación depuradora de augas residuais|depuradora]]s de augas residuais, por ambas as dúas comunidades existentes na illa, actuacións estas que poden considerarse como pioneiras no ámbito de influencia da ría de Vigo.
 
O chan da illa está incluído no Plan Xeral de Ordenación Urbana de Vigo coa cualificación de solo urbano edificábel.
 
===Ampliación===
O inicial Consello de Administración de ''Toralla, S.A.'' intentou construír outro edificio, denominado ''Edificio Parque'', composto de semisoto, baixo e nove plantas con capacidade para 85 vivendas, dunha lonxitude de aproximadamente 120 metros e rodeando por detrás o parque da illa. A Comisión Municipal Permanente do Concello de Vigo en reunións do 18 de febreiro e 3 de xuño de 1975 denega a licenza de edificación do “Edificio Parque” argumentando entre outros criterios que o dito edificio fixese aumentar a densidade de poboación da illa ata unha cifra incompatíbel coa debida protección do hábitat e medio, así como, debido á súa grande extensión en lonxitude, supuxese unha barreira visual inaceptábel. Isto leva a un enfrontamento entre as partes que dura 3 anos e o anterior Consello de Administración de Toralla, S.A. obtén unha sentenza do Tribunal Supremo con data do 3 de maio de 1978 que autorizaba a Toralla, S.A. a posíbel construción do “Edificio Parque” mais con tres alturas (nivel a rente das árbores), co que se prolonga o intento de levar a cabo á dita construción.