Cicerón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2+) (Bot: Cambio io:Marcus Tullius Cicero por io:Cicero
Sernostri (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 6:
Cicerón naceu nunha antiga familia do [[Lacio]], a quen se lle dera a [[cidadanía]] romana soamente en [[-188|188 a.C.]]. O pai proporcionou aos dous fillos, Marco, o máis vello, e Quinto, unha educación moi completa, sendo Marco Tulio entregado aos coidados do célebre senador e xurista romano [[Mucio Escévola]]. Viviu nun período especialmente turbulento da historia de [[Roma]]. Despois do asasinato de [[Xulio César]], enfronta con [[Marco Antonio]] e é degolado cando tenta fuxir para o [[Oriente]].
 
Cicerón é, con [[Demóstenes]], o mellor expoñente da oratoria clásica. Pola súa voz, postura, xenio, paixón e capacidade de improvisación está dotado para o exercicio da elocuencia. Son famosos os seus discursos contra [[Verres]], en prol da Lei Manilia, contra [[Catilina]] (as famosas [[Catilinarias]]), en favor de Milón e de Marcelo e contra [[Marco Antonio]]. É autor de diversos tratados filosóficos sobre o Estado, o ben, o coñecemento, a vellez, o deber, a amizade, etc., que transmiten a tradición do [[filosofía|pensamento grego]]. As súas propias ideas sobre a arte da oratoria, así como unha historia desta, exprésanse en tratados escritos de forma dialogada, como ''De Oratore'', ''Brutus'', ''Orator'', etc. Salienta tamén ''[[De officiis]]'', escrita en forma epistolar. Ata nós chegan case un millar de cartas de Cicerón sobre temas variados que constitúen un valioso conxunto documental. Cícero desenvolve a [[prosa]] latina ata a levar á súa perfección, do mesmo modo que [[Virxilio]] e [[Horacio]] o fan coa [[poesía]].
 
Cicerón denuncia a conspiración de [[Lucio Serxio Catilina|Catilina]] no [[Senado romano]], no [[-63|63 a.C.]] Os seus discursos tornáronse referencia [[filosofía|filosófica]] e base [[gramática|gramatical]] para o [[Lingua latina|latín]].