Imperio Inca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
Xmps (conversa | contribucións)
Liña 177:
Sen embargo, a máis importante foi documentada por Juan de Betanzos, quen casou coa [[Ñusta]] [[Añas Colque]] (princesa Inca). Betanzos recolleu cantares da familia da [[Ñusta]]. Dise que os [[Chancas]] dividironse en 3 grandes bandos, un deles dirixiuse ao [[Contisuio]], liderado por Malma e Irapa. O segundo exército dirixiuse ao [[Antisuio]], guiados por Yá Vilca e Toquelo Vilca. O terceiro bando dirixiuse directamente para o [[Cusco]], conducido por Tumai Waraca e Astu Huaraca. Cando os [[Chancas]] chegaron a Vilcacunga, enviaron mensaxeiros ao Cusco facendo saber as súas intencións para cos Incas, ao saber isto, o Inca Viracocha fuxiu para o forte de Caquia Yaquiyaguanta, levando consigo aos seus fillos Urco e Socso.
 
En oNo [[Cusco]] ficou Cusi Yupanqui (antigo nome de Pachacútec), quen era un suposto fillo de [[Viracocha]]. Yupanqui se quedou cos seus xerais e serventes. Pachacútec enviou a 3 emisarios a pedir axuda aos curacas veciños, os cales negaron axuda algunha debido aos temores para os [[Chancas]]. A pesar da negativa doutras curacas, a de Chañan Cury Coca axudou a Yupanqui. Xuntos crearon un foxo cuberto de ramas e terra arredor da cidade. Á madrugada seguinte, os [[Chancas]] descenderon do cerro Carmenca de súpeto, caendo pouco a pouco na trapa.
 
Segundo o mito, nun intre crucial da batalla, os ''purucaucas'' pasaron de ser simples pedras a feros soldados responsábeis da vitoria dos Incas. A fama foi tal que algunhas curacas rendíanse polo so temor de ter que se enfrontar a tal inimigo.