Liberdade: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 15:
Ademáis de Kant, outros moitos filósofos importantes aludiron a esta cuestión, este é o caso de:
 
Para [[Aristóteles|'''''Aristóteles''''']], a liberdade está ligada á capacidade de decidir por si mesmo no ser humano, e estaba ligada á moral. En virtude desta definición, a liberdade está relacionada coa autonomía, que aínda que leva limitacións de representación ética, constitue a concepción de actuar dentro dun código moral. Para elo o homedebe de ter plena conciencia ou razón de internalizar este valor pero na marxe que establece a cidadanía (sentido político conforme á ley do Estado). De acordo a esta consideración, a persoa cre ser libre cando realiza acións ligadas á seguridade que lle permite o seu pensamento, donde asumindo os principios éticos , sabe que é libre. Esto, feito mediante a representación de acións libres e voluntarias que non son produto de coacción, nin de ignorancia e a súa conceptualización vai ligado á razón de libertad. Para Aristóteles , de aí hay que dicir que se fai libre e voluntariamente o que obramos cando estamos alleos a toda coacción.
 
[[René Descartes|'''''René Descartes''''']]: Para el, a liberdade consiste soamente en que, para afirmar ou negar, perseguir ou evitar, as cousas que nos propón o entendemento, obramos de tal maneira que non sentimos que ningunha forza nos obrigue. Tamén afirma que a liberdade só pode residir na alma, xa que ao non ser algo físico non se atopa sometida ó dictado polas leis. Esta conten en si duas funcións, por un lado o entendemento , como facultade de pensamento, de ter intuicións dad verdades claras e distintas; e por outro lado, a vontade, considerada por el como a facultade de afirmar ou negar, identificando esta última coa liberdade.
 
[[Baruch de Spinoza|'''''Spinoza''''']]: Para el, é libre o que existe unicamente por necesidade da súa natureza e só por ela se determina a acción". Todas as cousas da natureza teñen liberdade para chegar a ser o que son, ou que non poden ser o que non son.
O home, como parte da natureza é libre para desarroiar o seu potencial pero non é libre para facer o que quere, porque según el só Deus ou a natureza son causa de si mesmas e teñen liberdade total. Só pode facer esforzos para conseguir ter liberdade para ser quen é, pero xamais terá vontade libre.
 
Para [[Georg Wilhelm Friedrich Hegel|'''''Hegel''''']], o concepto é fundamentalmente a liberdade da idea. Para Hegel, o universal e racional pertence a todos os homes e son os seus máis xenuínos motivos.O home individual non pode ser libre como un todo, porque só pode ser libre se se recoñece no todo.
Se a liberdade individual fose absoluta sería independente de todo e indiferente con respecto á realidade e para os efectos da súa propia conduta sobre o resto. Actuaríase en forma egoísta en función das propias paixóns excluíndo ás circunstancias exteriores perdendo todo vínculo. Só Deus é totalmente libre di Hegel, o home, pola súa característica finita e limitada non pode selo sen referencia ao todo.
Ademáis, a liberdade dos individuos non pode estar separada da eticidade ou ética colectiva ou da razón universal, pola necesidade tanto vital coma política de facer coincidir a vontade particular cás vontades xerais.
 
Segundo [[Henri Bergson|'''''Henri Bergson''''']], a liberdade é a capacidade da conciencia de rexirse pola súa propia natureza, independentemente das leis e dos fenómenos da natureza. Para el, a orixe das nosas accións é o eu profundo, interior, o suxeito da duración, onde non hai diferenciación de motivos, sentimentos, decisións, senón que cada un deles, di, retomando unha frase de Platón, representa á alma enteira, é dicir, que a alma se determina por calquera destes sentimentos é, pois, o mesmo que recoñecer que se determina por si mesma.
 
[[Jean Paul Sartre|'''''Jean Paul Sartre''''']]: Para el o ser humano é libre á forza. Nega caquera xénero de determinismo. Non cre no determinismo teolóxico, nin biolóxico nin social: nin Deus nos dou un destino irremediable, nin a Natureza nin a sociedade determinan absolutamente as nosas posibilidades, a nosa conducta. Somos o que quixemos ser sempre poderemos deixar de ser o que somos. Os fins que perseguimos no nos vienen dados ni del exterior ni del interior, de una supuesta naturaleza, es nuestra libertad la que los elige. Segundo el "Esamos condenados a ser libres": condenados porque non nos temos dado a nos mesmos a liberdade, non nos temos creado, non somos libres de deixar de ser libres. Nin siquera os valores, a ética, se presentan como un límite da liberdade, pois en realidade, di Sartre, os valores non existen antes de que nos queiramos, non existen os valores como realidades independentes da nosa vontade, os valores morais creaos a nosa determinación de facer real o estado das cousas. Ao escoller uns valores no lugar doutros, a vontade dalles a realidade. A liberdade refirese ós actos y volicións particulares, pero aínda máis á eleción do perfil básico de min mesmo, do proxecto fundamental da miña existencia, proxecto que se realiza cás volicións particulares.
 
[[Isaiah Berlín|'''''Isaiah Berlín''''']]: define a liberdade desde dúas perspectivas, a liberdade positiva e a liberdade negativa. A liberdade negativa refirese ó campo dentro do cal o home pode actuar sen obstrucións de outros; a partir de esta concepción deixase de ser libre cando un terceiro nos impide realizar calquera actividade co propósito de alcanzar unha meta, en consecuencia ése libre en canto non existan estas interferencias e obstáculos. Mais esta noción de liberdade implica serios problemas á hora de vivir en sociedade con outros homes. Ante a imposibilidade de que os propósitos e actividades dos demáis harmonicen entre si, é necesario establecer unha serie de normas comúns que limiten a liberdade do home sen chegar ao grao de impedirlle todo, xa que se corre o risco de inhibir o seu desenvolvemento. O problema era determinar entre os aspectos que deberían ser regulados e os que non; trazar unha fronteira entre o ámbito da vida privada e o da autoridade pública.
Por outro lado a liberdade positiva deriva do desexo do individuo para ser o seu propio amo, que implica a capacidade de cada un para determinar o curso da súa vida e dos seus actos de xeito autónomo. Mais a acción do home non debe determinarse polas baixas paixóns de cada individuo, paixóns que o escravizan e limitan a súa liberdade. Pola contra, os actos humanos deben determinarse a partir da razón, da natureza superior que hai en cada home. Antepóñense dous: un racional e outro pasional, para ser verdadeiramente libre debemos guiarnos pola razón.
Esta idea, advirte Berlin, é sumamente perigosa serve de fundamento para a imposición duns, recoñecidos ou auto nomeados como racionais, sobre a masa amorfa que se deixa guiar polas súas paixóns; impóñenselles en prol de que fagan o mellor posible para eles mesmos: "se ese é o meu ben non estarei a ser forzado, por que o desexei, sépalo ou non, e son libre aínda que o meu pobre corpo mortal e a miña mente estúpida o rexeitan iradamente, e aínda que loite co maior desespero contra os que, a pesar de todo, traballan benignamente de impoñelo.Esta concepción da liberdade dá cabida ao ascenso de réximes totalitarios nos cales a mesma liberdade estaría en perigo.
 
Aludindo á teoloxía, outras figuras, como é o caso de [[Agostiño de Hipona|'''''Santo Agostiño''''']], tamén fixeron referencia a este concepto:
 
Segúndo [[Agostiño de Hipona|'''''Santo Agostiño''''']], a liberdade consiste na realización efectiva do ben, para alcanzar a beatitude. Segundo el, Deus concedeunos aos seres humanos dous dons:
O libre albedrío: Ao contrario que ao resto dos animais, que teñen unha función determinada, ao principio dos tempos Deus lle concedeu ao ser humano unha vontade indeterminada que lle permitiu elixir entre 2 camiños: o ben (o que quere Deus) ou o mal (un querer propio). O primeiro home que puido elixir foi Adán, e escolleu o mal. Polo tanto, seguindo a tese traduccionista, sabemos que a súa alma a herdamos todos, polo que estamos condenados a non poder non pecar,"temos unha vontade mutilada".
A liberdade: é o segundo don que Deus concede a algúns homes tras desaproveitar o primeiro. Este permítelles non pecar. Os homes dotados son influenciados por Deus para que escollan o Ben, a pesar de que eles pensen que é a súa propia vontade a que lles permite elixir.